BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

xoves, 18 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023: "A MIÑA BURRIÑA"

 Na homenaxe a Don Paco non podían faltar a música e o baile e, por iso, coa profe Lara estivemos aprendendo a canción favorita de Francisco Fernández del Riego.

O martes, ao rematar o tempo do recreo, bailamos e cantamos todos xuntos "A miña burriña" no parque.

mércores, 17 de maio de 2023

LETRAS GALEGAS 2023: AS COUSAS DE DON PACO

Para comezar a xornada do martes contamos coa visita do noso Don Paco particular quen nos agasallou cunha fermosa poesía express de Manuel María titulada "Galicia".

A continuación, fomos subindo á biblioBN en equipos mixtos para descubrir "As cousas de Don Paco", as cales estaban agochadas en 5 caixas coas súas respectivas adiviñas. Os nenos e nenas maiores foron lendo as adiviñas e, entre todos, tentamos descifrar o obxecto escondido.

Unha vez resolto o acertixo, explicamos a historia de cada obxecto (lapis, reloxo, lupa, máquina de escribir e cámara fotográfica) e a importancia do mesmo na vida de Don Paco.




Como agasallo por ter superado este reto, conseguimos as lentes de Don Paco e fixemos unhas fotos con elas para levalas para casa como recordo deste día tan especial.



Para facer esta actividade baseámonos na obra teatral creada por Eva Mejuto e ilustrada por Lucía Cobo para a Real Academia Galega en primaveradasletras.gal

domingo, 14 de maio de 2023

PRESENTACIÓN ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2023

 Este venres, na biblioBN, xuntámonos as tres aulas do centro para presentar a actividade relacionada con Francisco Fernández del Riego que desenvolveremos ao longo da próxima semana.



Coñecimos a infancia de Don Paco grazas ao seguinte vídeo elaborado polo CEIP Juan Rey.

E despois explicamos que, a partires do luns, iremos subindo á biblio en equipos mixtos para descifrar as adiviñas que nos desvelarán o contido das cinco caixas de Don Paco.


xoves, 11 de maio de 2023

PREPARATIVOS DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

En Barrionovo xa temos todo preparado para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Aquí vos deixamos algunhas pistas das actividades que faremos para homenaxear a Francisco Fernández del Riego.



Seguiremos informando!


LECTURAS EN FAMILIA POLO MES DAS LETRAS

Ao longo do mes de maio convidamos as familias á nosa biblioBN para que nos agasallen con lecturas na nosa lingua.


Moitas grazas a todas por participar!