BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta #BN3. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #BN3. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xuño de 2025

ANIMAIS MARIÑOS EN 3D

 Os nenos e nenas de 4º de E.I. realizaron as súas propias creacións de animais mariños na App Doodle 3D e, posteriormente, estes foron impresos na impresora 3D do espazo fedelleiro.

Con eles crearemos minimundos do mundo mariño. 



martes, 8 de abril de 2025

OBSERVACIÓN DE ABELLA AO MICROSCOPIO

 Os nenos e nenas da aula laranxa estiveron esta semana experimentando co microscopio grazas á aportación dunha abella por parte dunha familia.





luns, 2 de decembro de 2024

OS SONS SECRETOS DO NADAL

 Un calendario de advento de refugallo.

A conta atrás comeza entre paos, rolos de papel e corda.



luns, 11 de novembro de 2024

MAGOSTO 24

Celebramos o magosto con castañas asadas polas familias voluntarias da aula de 4º de E.I. 


Moitas grazas pola vosa colaboración!

luns, 4 de novembro de 2024

MES DA CIENCIA EN GALEGO: AMBIENTES SENSORIAL E TECNOLÓXICO

Ao longo de todo o mes de novembro, o alumnado contará con diferentes propostas nos ambientes relacionadas coa ciencia para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego.

Ambiente Sensorial




Ambiente Tecnolóxico


 

mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN 24

Festexamos o Samaín cun obradoiro terrorífico no Fedelleiro e unha xuntanza no noso patio ao redor das cabazas aportadas pola familias.








xoves, 24 de outubro de 2024

ELEMENTOS DE OUTONO

 Debullamos mazorcas de millo.


Valeiramos cabazas polo samaín.




Aprendemos os perigos que pode ocasionar tocar ou manipular cogomelos. Utilizamos a app lens para identificar os que sairon nunha das macetas do noso patio.





martes, 8 de outubro de 2024

mércores, 2 de outubro de 2024

MEU CORAZÓN PALPITA

No Espazo Fedelleiro ao ritmo do latido do corazón  mediante unha instalación sensorial e un poema....así comezamos a apaixonante viaxe polo novo proxecto.