viernes, 29 de noviembre de 2019

NON É NON

Audiovisual realizado coa técnica do croma para conmemorar o 25N....porque independientemente do idioma, NON sempre é NON!
Podedes ver o vídeo premendo na seguinte imaxe:

https://bibliobn.blogspot.com/2019/11/venres-de-encurtas-non-e-non.html

miércoles, 27 de noviembre de 2019

MAGOSTO

A choiva non puido coas ganas de festexar o Magosto en Barrionovo: xuntanza coas familias, talleres de elaboración dun tres en raia e dun colar de castañas, música e castañas quentiñas! Que bonita xornada pasamos:


lunes, 25 de noviembre de 2019

ENCONTXO non violencia

Hoxe a BibliBn vestiuse de gala para recibir a Silvia Penide e Nati Navaza.
A través da música e a Linguaxe de signos fixéronnos chegar a importancia do RESPECTO.
Grazas pola mensaxe e a marabillosa maneira de transmitila, 
aos nen@s e máis os adultos.





E de agasallo...

viernes, 22 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA: ATELIER "xogamos coa ciencia"

Este mes tamos a xogar no noso Atelier Científico do Espazo Fedelleiro. Nel estamos a experimentar co magnetismo, a luz, flotación... 

DÍA DA MÚSICA

A profe Lara tivo a brillante idea de compoñer entre toda a escola unha canción en galego para o noso proxecto común  #Mesturarte, chamada "Viaxa en Barrionovo".

Se queredes saber máis podedes ver premer na seguinte imaxe para ver a entrada completa no blogue da biblioBN:

https://bibliobn.blogspot.com/2019/11/dia-da-musica.html

jueves, 21 de noviembre de 2019

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

Onte celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. 
Presentamos o libro Os Dereitos da Infancia de Editorial Xerais, e coñecemos a Greta Thunberg, unha nena coma nós que ven de denunciar á ONU por vulnerar os nosos dereitos ao non tomar medidas suficientes ante a emerxencia climática mundial.
Ademais de revisar cales son os nosos dereitos como nenos e nenas, vimos a Greta falando na ONU e propuxemos medidas ao noso alcance para contribuir ao coidado do noso planeta.

lunes, 18 de noviembre de 2019

ENCONTXO: día da música Lydia Botana


A través do conto "De aquí para alá" viaxamos polo mundo coñecendo o seu folclore da man da artista Lydia Botana.

A súa bolboreta levounos polos diferentes continentes, nunha marabillosa viaxe musical, coa que adiantamos a celebración do Día da Música.

Pasámolo xenial ademáis de coñecer moitos instrumentos, bailes e cancións de diferentes países do mundo.


Día da Música : Lydia Botana from biblio BN on Vimeo.

jueves, 14 de noviembre de 2019

SAÍDA MERENDA CON PAN DE MILLO

Hoxe o alumnado de 5 anos asistíu ao espectáculo músico-teatral "Merenda con pan de millo", do grupo Migallas Teatro, na Coruña. 









Actuación promovida polo equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Falamos primaria.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

jueves, 7 de noviembre de 2019

ENCONTXO CIENTIFICO

 Onte inaguramos o Mes da Ciencia en Galego cun EncontXoBN do libro "ADA, MAGNÍFICA, CIENTÍFICA" da Ed. BEASCOA


 
Despois tivemos a presentación do noso novo Atelier Creativo: xogamos coa ciencia.

No Espazo Fedelleiro temos varios experimentos cos que coñeceremos mellor o método científico e os seus pasos durante este mes de novembro.

Rematamos o EncontXo coa realización du experimento chamado "Canto viven os plásticos?" co que pretendemos averiguar que é o que pasa cando un residuo plástico queda na terra. Para iso metimos nun recipiente con terra varios residuos plásticos e orgánicos recollidos nas merendas e formulamos hipóteses de que podería ocorrer.




Agora nos queda rexistrar mediante fotografías o resultado.

martes, 5 de noviembre de 2019