BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta LECTURA E FAMILIAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LECTURA E FAMILIAS. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de maio de 2025

ESTE MES DE MAIO É O MES DAS FLORES

 Coa chegada do mes de maio, aproveitamos para facer unha actividade co conto "Flores" de Hervé Tullet e co seguinte poema popular galego.


Primeiro fixemos a lectura do mesmo no patio.

Despois da poesía express, os nenos e nenas da aula laranxa fixeron as súas propias creacións inspiradas nas flores de Hervé Tullet empregando témperas sólidas.

Pola tarde, na actividade de Lectura e familias, recitamos tamén un poema relacionado coas rosas incluído no libro "Caderno de fume" de Antonio García Teijeiro e Leandro Lamas.

E, por último, e coa axuda das familias puxémonos mans á obra para crear os nosos cadros florais. Empregando cartón, aironfix, flores secas e a nosa creatividade elaboramos diferentes obras artísticas.

luns, 10 de marzo de 2025

LIPDUB 8M "VARRE VASOIRA"

Aproveitamos o luns de Lectura e familias para preparar coa súa axuda os carteis que empregaremos no lipdub que faremos co alumnado coa canción "Varre vasoira" do grupo Fillas de Cassandra.



luns, 27 de xaneiro de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL A CARGO DAS FAMILIAS


 Jennifer, mamá de Andrea, compartiu connosco unha charla en familia sobre a educación sexual e a importancia de traballalo dende a infancia.
Ela, máis dúas compañeiras do Comité Antisida, levaron a cabo un obradoiro que constou de dúas partes: Unha charla ás familias e un obradorio cos nen@s


Finalizamos a xornada tod@s xuntos na biblioteca lendo o conto “Monstro de ollos vermellos” e visualizando a importancia de contar os segredos “malos” a un adulto de confianza.
MOITÍSIMAS GRAZAS AS TRES POLO VOSO TEMPO E DEDICACIÓN