BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta 17 de maio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 17 de maio. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de maio de 2019

ESCAPE ROOM LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

Para celebrar o Día das Letras Galegas 2019 a BiblioBN organizaou un ESCAPE ROOM tendo como protagonista o homenaxeado ANTÓN FRAGUAS.

Esta proposta consistía en superar seis retos que estaban distribuídos en diferentes espazos do centro. Os nenas e nenas tiñan que traballar en equipo para poder superalos e axudar a Antón a recuperar a súa memoria.
O primeiro paso foi visionar na Biblioteca o seguinte vídeo: 




A continuación organizámonos por equipos e descubrimos o que contiñan as carpetas que apareceron.


Despois pasamos á acción. O primeiro reto estaba ubicado no local da ANPA. Neste reto cada equipo tiña que buscar un sobre coa súa cor, e resolver o puzzle que atopaban dentro. As imaxes dos puzzles correspondían coas obras de Antón Fraguas.


Para o seguinte reto tiñamos que ir ao patio, onde dentro dos areeiros estaban agochadas varias chaves. Para poder atopalas utilizamos uns imáns.


No terceiro reto, ubicado no Espazo Fedelleiro, había que utilizar unha plantilla que levaban as nosas mochilas para guiar o Escornabot polo panel. Cando chegaban ao punto marcado coa bandeira de Galicia, atopaban unha coordenada que tiñan que buscar no mapa da nosa Comunidade. Dentro dese cadrante ubicábase o lugar de nacemento do homenaxeado, o cal tiñan que apuntar na libreta de rexistro.


No cuarto espazo, tiñamos que descifrar unha mensaxe coas Runas Vikingas. Ao discifralo descubrían unha das profesións do persoeiro.


Seguinte reto: mensaxe oculta. Coa axuda das acuarelas e pinceis descifraban o nome e apelido do autor do "Cantigueiro de Cotobade".


Na aula rosa atopamos a última pista gardada nunha caixa cerrada con dous candados numéricos. Para poder abrila, tiñamos que atopar nas nosas mochilas a data de nacemento e de morte. Cando introducían os códigos nos candados conseguían as datas xunto con dúas fotos.


Para todo isto, contábamos con dous comodíns: un de chamada a outro equipo, e outro de axuda por parte dos mestres.


Por último, reunímonos todos na BiblioBN, e abrimos o cofre coa axuda das chaves atopadas.
Neste cofre tiñamos unhas instrucións para poder recibir unha visita especial.



Por fin chegou o momento de recibir a Antón Fraguas!


Foi unha experiencia diferente e moi divertida!
Feliz Día das Letras Galegas!

mércores, 15 de maio de 2019

TRAILER: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Aquí vos deixamos un adianto do que vai a suceder mañá na nosa escola.


Un reto trepidante no que as nenas e nenos terán que liberar a memoria dun persoeiro moi importante para devolverlle a súa identidade.
Estade ben atentos/as porque mañá descubriremos o misterio.

luns, 21 de maio de 2018

UNHA HISTORIA DE AMOR

Para conmemorar este mes das Letras Galegas, os alumnos da EEI de Barrionovo elaboramos un díptico no que se recollen os aspectos máis relevantes da vida e obra de María Victoria Moreno, así como a súa relación de amor con Galicia e coa nosa lingua.





Os nenos e nenas de 3 anos fixeron a liña do tempo da súa vida.


O alumnado de 4 anos encargouse de elaborar uns booktrailers dalgunhas das súas obras.


E na aula de 5 anos investigaron arredor da relación de María Victoria Moreno co galego.

 

mércores, 9 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

A Xunta de Galicia vén de publicar un vídeo promocional das Letras Galegas para este ano 2018. Nel inclúense palabras galegas que darán moito xogo no noso “Feirón da lingua”.