BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

Amosando publicacións coa etiqueta PERSOEIROS GALEGOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PERSOEIROS GALEGOS. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA 2020

Neste día fixemos un pequeno percorrido pola biografía e obra de Rosalía de Castro para despois escoller versos dos seus poemas que invadirán todo o noso cole.
Primeiro visionamos este marabilloso vídeo realizado pola rapazada da BiblioAnxo, biblioteca do CEIP "Anxo da Garda" da Coruña, para conmemorar o Día de Rosalía, e no que se ilustra perfectamente o emigrante da Galicia daquela época.
Grazas por compartir este traballo!


Despois de ver o vídeo falamos do que viron, que estarían a facer... e lemos outra poesía de Rosalía que fala da emigración, da morriña e da nostalxia.
De seguido vimos o conto en imaxes "Morriña" de Paula Ventimiglia, que ben podería ilustrar a historia de Rosalía de Castro.
E coma Rosalía foi a poeta dos emigrantes escoitamos "Adios Ríos, adios fontes" musicado por Evoéh
 Por último decidimos escoller algúns destes versos, e por equipos interniveis, escribilos para encher as nosas escaleiras.

Agora os versos de Rosalía acompañarannos acotío!!


luns, 23 de setembro de 2019

MARÍA CASARES

Nestes días, nas aulas, estamos a traballar a artista galega que aparece no noso calendario mensual. Primeiro buscamos a información en internet, analizámola entre todos/as e, despois, pasamos eses coñecementos ao papel.


sábado, 26 de maio de 2018

C(r)OMA GALEG@S: EDUARDO PONDAL

Continuamos coa nosa serie "C(r)oma Galeg@s", nesta ocasión, adicada a Eduardo Pondal.
                           

sábado, 24 de febreiro de 2018

DÍA DE ROSALÍA 2018

En Barrionovo levamos desde primeiros de mes traballando a figura de Rosalía de Castro, protagonista do noso calendario xunto con Eduardo Pondal, e son varias as actividades que levamos a cabo en relación coa súa figura.
Participamos na convocatoria da AELG #AbrideAFiestra cun croma no que participaron os alumnos/as e as súas familias. 

 

Empregando a técnica da impresión 3D, imprimimos a silueta da cabeza de Rosalía e pegámola enriba da súa cara para crear as nosas propias obras de arte abríndolle a fiestra. Clicar na imaxe para ver todo o proceso.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/02/impresion-3d-dia-de-rosalia.html

No noso venres de Encurtas, visionamos unha animación realizada polo alumnado do IES As Barxas, de Moaña, en relación co poema "Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro.

 

E, finalmente, continuamos coa nosa serie "C(r)oma galeg@s" que, neste mes, tivo como protagonista á parella formada por Rosalía e Manuel Murguía.

luns, 15 de xaneiro de 2018

mércores, 10 de xaneiro de 2018

PAÍS DAS LETRAS

A Mesa pola Normalización Lingüística ven de publicar "País das Letras", un póster para divulgar a literatura, a lingua e a historia de Galicia que conta con 40 autores e 24 personaxes galegos os cales se nos presentan nun escenario no que tamén podemos atopar paisaxes e monumentos da nosa terra.
En Barrionovo, xa comezamos a aproveitar esta iniciativa que nos encaixa tan ben co noso proxecto "A volta a Galicia en 284 días" e hoxe, na BiblioBN, estivemos analizando estas ilustracións e atopando na lámina coloreable os personaxes traballados ata o momento.
Clicando na imaxe accederedes á entrada correspondente no blogue da BiblioBN.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/01/buscando-buscando-no-pais-das-letras.html