viernes, 28 de diciembre de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN #SONDEMONTE

Durante este primeiro trimestre contamos coa colaboración de varios familiares que quixeron acompañarnos para explicarnos diferentes aspectos relacionados co noso proxecto anual #somosdemonte.
-O avó de Artai explicounos cal é o traballo dun apicultor

http://bibliobn.blogspot.com/2018/10/encontro-cun-apicultor.html

-A nai de Miguel falounos do monte Breamo localizado en Pontedeume

http://bibliobn.blogspot.com/2018/12/encontro-somosdemonte-as-familias.html

-Co pai de Artai aprendemos moitas cousas sobre os cogomelos e a súa recolleita


-E incluso realizamos unha videoconferencia para falar cun enxeñeiro forestal (padriño de Artai)

http://bibliobn.blogspot.com/2018/12/encontro-somosdemonte-as-familias_18.html

Moitas grazas familias!

VIMOS DO MONTE

Aquí vos deixamos o audiovisual que realizamos co alumnado e as súas familias en relación co proxecto deste curso.
Agardamos que vos guste!

jueves, 15 de noviembre de 2018

viernes, 9 de noviembre de 2018

ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe, na biblioBN, fixemos entrega dos agasallos aos participantes no III Concurso de Fotografía dos Oficios Artesanais da Romaría de San Miguel.


Os premiados/as cun orixinal crebacabezas de madeira foron Chlöe, Sofía e Erik, da aula de 4 anos, e Daniela e Ainara da aula de 5 anos. Parabéns!


lunes, 5 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Este ano, desde a Institución Galega de Ciencia (Igaciencia), propoñen adicarlle o Día da Ciencia en Galego a dous científicos: un galego e outro estranxeiro. Os homenaxeados deste ano son o Mestre Mateo e Arquímedes.

https://www.cultura.gal/gl/ano-europeo-patrimonio-cultural-2018

Desde a asesoría de bibliotecas escolares, convídannos a celebrar este mes con diferentes propostas de actividades que podedes consultar clicando na seguinte imaxe.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/FolletoMes%20Ciencia%202018(3).pdf

En Barrionovo quixemos inaugurar este mes cun encontro na biblioBN con Antonia Ferrín, unha importante científica galega. No seu lugar veu "a nosa particular" Celsa Ferrín, irmá de Antonia, coa que nos iniciamos no pensamento científico, facendo hipóteses sobre diferentes experimentos.
Clicade na imaxe para saber máis.

http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/mes-da-ciencia-en-galego-encontro-con.html

domingo, 4 de noviembre de 2018

SAMAÍN 2018

Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos estes días con motivo da celebración do Samaín.
-Saída ao Ceip Galán para admirar a súa magnífica exposición de cabazas

 

-Encontro "Medos fóra" no cal expulsamos os nosos medos grazas a unha apócema máxica

http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/encontro-samain-medos-fora.html

-Poesía express elaborada nas sesións de internivel e baseada na canción "No samaín" de Paco Nogueiras

  

-Guía de lecturas terroríficas

http://bibliobn.blogspot.com/2018/10/guia-samain-2018-medos-fora.html

-Cartilla de lecturas para as aulas co obxectivo de ler cada día un conto da selección "Que medo de contos"


domingo, 28 de octubre de 2018

ENCONTRO CUN APICULTOR

Dentro do proxecto anual #somosdemonte, recibimos na biblioBN unha visita moi especial, o avó e a nai de Artai viñeron pasar un rato con nós para explicarnos un traballo moi relacionado coa fauna e a flora dos nosos montes, como é a apicultura.
Explicáronnos como traballan as abellas para producir o mel, as tarefas que hai que levar a cabo para recollelo e os utensilios que se empregan.
Encantounos a visita. Moitísimas grazas por compartir con nós a vosa sabiduría! 


martes, 16 de octubre de 2018

PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS DO CONCURSO

Van chegando as primeiras fotografías dos participantes no III Concurso de Fotografía dos Oficios Artesanais da Romaría de San Miguel.
Animádevos! Participar ten premio!


viernes, 28 de septiembre de 2018

III CONCURSO FOTOGRÁFICO: OFICIOS ARTESANAIS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Escola Infantil de Barrionovo, en colaboración coa BiblioBN, convídanvos a participar no III Concurso de fotografía: oficios artesanais.
Animádevos!




lunes, 17 de septiembre de 2018

ESTREAMOS CALENDARIO: SETEMBRO 2018


O calendario serviranos para traballar nas aulas nove montes galegos e nove refráns populares referidos a cada mes do ano.




jueves, 13 de septiembre de 2018

INICIAMOS PROXECTO NOVO

Ao longo deste curso, levaremos a cabo o proxecto #somosdemonte co cal afondaremos nun aspecto fundamental da nosa terra como son os espazos naturais, neste caso, os montes galegos.
Comezamos!


sábado, 23 de junio de 2018

A VOLTA A GALICIA CHEGA AO SEU FIN

E, como remate do proxecto deste curso, deixámosvos o croma realizado en colaboración coas familias.


Moitas grazas a tod@s! 
Voltamos en setembro.

sábado, 2 de junio de 2018

NO MES DAS LETRAS, CONTAMOS EN GALEGO

Durante todo o mes de maio, recibimos a visita de varios familiares que quixeron vir á BiblioBn para agasallarnos con lecturas en galego.
Moitísimas grazas a tod@s pola vosa colaboración.







lunes, 21 de mayo de 2018

UNHA HISTORIA DE AMOR

Para conmemorar este mes das Letras Galegas, os alumnos da EEI de Barrionovo elaboramos un díptico no que se recollen os aspectos máis relevantes da vida e obra de María Victoria Moreno, así como a súa relación de amor con Galicia e coa nosa lingua.





Os nenos e nenas de 3 anos fixeron a liña do tempo da súa vida.


O alumnado de 4 anos encargouse de elaborar uns booktrailers dalgunhas das súas obras.


E na aula de 5 anos investigaron arredor da relación de María Victoria Moreno co galego.

 

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: FERVENZA


jueves, 3 de mayo de 2018

C(R)OMA GALEG@S: MARÍA VICTORIA MORENO

Como non podía ser doutro xeito, este mes o noso "C(r)oma galeg@s" vai adicado a María Victoria Moreno.

FEIRÓN DA NOSA LINGUA: CATAVENTOS

Hoxe iniciamos esta actividade que continuará ao longo do mes de maio e que nos servirá para descubrir palabras fermosas na nosa lingua.
A palabra mercada hoxe por Ainara S. no noso particular feirón foi "Cataventos".



Primeiro, definímola entre todos/as e, a continuación, elaboramos un vídeo mediante a técnica do stop motion.



Finalmente, enchemos a folla correspondente para incluir no noso Dicionario de palabras galegas.



miércoles, 2 de mayo de 2018

INICIAMOS O MES DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe, en Barrionovo, comezamos o día coa presentación do calendario de Maio no que contamos cunha figura que nos vai a acompañar durante todo o mes. Esta é María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada no día das Letras Galegas deste ano.
Para coñecela un pouco máis, escoitamos con atención a lectura da súa obra "O cataventos".


E aproveitamos para aprender o que é un cataventos e para que se emprega.


Seguide moi atentos porque para mañá temos preparado un feirón moi especial.

 

CALENDARIO MAIO


jueves, 26 de abril de 2018

O GALEGO TAMÉN CONTA

Con motivo do Día Internacional do Libro, o mes de abril en Barrionovo está especialmente adicado á lectura.


Comezamos o mes reivindicando a importancia da lectura, mediante o texto escrito por Fran Alonso para as bibliotecas escolares.


As familias comparten con nós diferentes lecturas na nosa lingua.



E os nenos e nenas da aula rosa fixeron unha magnífica representación do conto "Hércules e Crunia", co que puidemos coñecer as raíces mitolóxicas da cidade de A Coruña.

viernes, 23 de marzo de 2018

ENCONTRO: FOLCLORE GALEGO

Dentro do noso proxecto anual "A volta a Galicia en 284 días" contamos coa visita de Ana, nai de Martín, quen nos fixo un marabilloso percorrido polo folclore tradicional do noso país.







 

Moitísimas grazas Ana!

sábado, 24 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA 2018

En Barrionovo levamos desde primeiros de mes traballando a figura de Rosalía de Castro, protagonista do noso calendario xunto con Eduardo Pondal, e son varias as actividades que levamos a cabo en relación coa súa figura.
Participamos na convocatoria da AELG #AbrideAFiestra cun croma no que participaron os alumnos/as e as súas familias. 

 

Empregando a técnica da impresión 3D, imprimimos a silueta da cabeza de Rosalía e pegámola enriba da súa cara para crear as nosas propias obras de arte abríndolle a fiestra. Clicar na imaxe para ver todo o proceso.

http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/02/impresion-3d-dia-de-rosalia.html

No noso venres de Encurtas, visionamos unha animación realizada polo alumnado do IES As Barxas, de Moaña, en relación co poema "Eu ben vin estar o moucho" de Rosalía de Castro.

 

E, finalmente, continuamos coa nosa serie "C(r)oma galeg@s" que, neste mes, tivo como protagonista á parella formada por Rosalía e Manuel Murguía.