viernes, 28 de mayo de 2021

PI-XELA-ME: EDICIÓN FOTOGRÁFICA

Outra das actividades levadas a cabo neste atelier consiste na elaboración duns marcapáxinas personalizados coa silueta de cada neno/a. Para realizalos os nenos e nenas teñen que sacarse fotos de corpo completo e despois editalas para quitarlles o fondo empregando a App "Magic Eraser".



lunes, 24 de mayo de 2021

PI-XELA-ME: PREPARATIVOS ESPECIAL INFORMATIVO

Levamos todo o mes atarefados no noso atelier PI-XELA-ME preparando o especial informativo das Letras Galegas. Para gravar este telexornal estamos empregando varias técnicas audiovisuais como podedes ver nas seguintes imaxes. 
Xa queda menos para que poidades ver o resultado final!






miércoles, 19 de mayo de 2021

PI-XELA-ME: RETRATOS ARTÍSTICOS

 Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos realizados durante a semana das Letras Galegas co retrato de Xela Arias nas aulas. Grafomotricidade creativa, acuarela... En Barrionovo somos uns artistas!



lunes, 17 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 21: XELA ARIAS

Coas letras creadas polos nosos nenos e nenas no atelier PI-XELA-ME, ás que posteriormente lles sacaron fotos coa cámara polaroid para crear este stop motion, desexámosvos que pasedes un feliz Día das Letras Galegas.






jueves, 13 de mayo de 2021

lunes, 10 de mayo de 2021

ATELIER AUDIOVISUAL: PI-XELA-ME

Iniciamos a semana cun novo atelier no espazo fedelleiro do que imos gozar durante todo este mes de maio. Este obradoiro vai a estar adicado a Xela Arias, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, e nel os nenos e nenas achegaranse á súa figura mediante diferentes técnicas audiovisuais.


Stop Motion: despois de ler o relato de Xela Arias "Un monstro no váter", faremos a nosa propia creación orixinal empregando témperas e escobillas de váter. Todo este proceso será captado mediante a técnica do stopmotion.




Fotomatón: nun pequeno recuncho do fedelleiro habilitado para esta técnica, os nenos e nenas farán retratos coa cámara reflex os cales serán empregados para crear un grande mosaico coa cara de Xela Arias.



Cámara polaroid: con elementos naturais e da vida cotiá (cunchas, chapas, tapóns...) crearemos as letras do nome e apelido da escritora homenaxeada e sacaremos fotos coa cámara polaroid para posteriormente facer unha composición creativa.



Croma: empregaremos esta técnica para facer un "Especial InformativoBN" cos aspectos máis destacados da vida e da obra de Xela Arias. Faremos conexións en directo con reporteir@s para as que usaremos videocámaras dixitais.

Edición fotográfica: para elaborar uns marcapáxinas coas nosas propias siluetas deberemos facer primeiro unhas fotos individuais co Ipad as cales editaremos posteriormente de xeito dixital.

"HAI UN MONSTRO NO VÁTER"

Continuamos cos relatos escritos por Xela Arias cando era nova recompilados no libro "Non te amola!". Nesta ocasión, escoitamos "Hai un monstro no váter" e posteriormente os cativ@s fixeron as súas ilustracións.











jueves, 6 de mayo de 2021

NON TE AMOLA!

Xa estamos no mes das Letras Galegas e unha das actividades que estamos llevando a cabo na escola en relación coa figura de Xela Arias é a lectura dos seus relatos recollidos no fermoso libro titulado “Non te amola!”. Cada día na hora do conto imos ler unha destas pequenas historias e, ao finalizar, cada nen@ realizará no seu caderno unha ilustración que reflicta o narrado, emulando así a Luz Beloso (ilustradora do conto). Unha vez feitas todas as ilustracións pasaremos a amosarlles a do propio conto e comprobaremos se se parece en algo ás nosas.

Hoxe os nenos e nenas da aula laranxa comezaron co relato titulado "Pensei que escribir un libro podía ser unha causa ben inútil".

Aquí tedes as súas ilustracións.



miércoles, 5 de mayo de 2021

INVESTIGAMOS: O CAMIÑO FRANCÉS

Nas aulas de Barrionovo seguimos co proxecto #camiñanteSIhaicamiño e, nesta ocasión, estamos afondando nas vilas e pobos polos que pasa o camiño francés.

3 ANOS: 

Cova Eirós


4 ANOS: 

Enma e a súa familia visitan O Cebreiro e a Catedral de Santiago


Leire visita Santiago de Compostela



5 ANOS:

Castelo de Pambre

 

Ponte Furelos