luns, 22 de febreiro de 2021

PREPARATIVOS DÍA DE ROSALÍA 2021

Este mércores día 24 celebraremos o Día de Rosalía e, seguindo as indicacións da AELG, estamos a argallar unha actividade musical. 

Na aula de 5 anos estivemos completando unha misión consistente en recompilar fotografías de Rosalía e dos lugares importantes da súa vida. Para isto empregamos as seguintes páxinas web:

https://www.rutarosaliana.gal/es/

https://rosalia.gal/

Ademais, hoxe os nenos e nenas levaron estas indicacións para casa.

Seguide ben atent@s se queredes saber de que trata todo isto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario