HOXE 1 DE ABRIL CELEBRAMOS O "DÍA DAS ARTES GALEGAS"
A Real Academia de Belas Artes, foi creada para promocionar as artes e o patrimonio cultural galego, e conmemora o 1 de abril o "Día das artes galegas", que este ano está adicado o Arquitecto galego Domingo Antonio de Andrade.
(Cee 1639 - Santiago 1712)
Outra das suas obras máis recoñecidas foi a que Domingo de Andrade fixo no Convento de Santo Domingo de Bonaval:
"TRIPLE ESCALEIRA HELICOIDAL"
Foi construída para organizar o espazo de circulación entre os distintos andares. Consta de 3 ramplas despregadas nunha triple hélice sen que chegen a cruzarse nunca entre sí. Os chanzos están suxeitos só na parede. A cúpula que cobre o cilindro da caixa da escaleira está furada por catro fiestras que dan luz, orientadas os catro puntos cardinais.
Despois de coñecer un pouco a súa obra imos desfrutar dunha marabillosa poesía express
Por último a BiblioBn propón dous retos para conmemorar este día:
Despois de coñecer un pouco a súa obra imos desfrutar dunha marabillosa poesía express
DESAFÍO 1: construír unha torre, coma vos queirades, e cos materiais que teñades a man, iso sí, non esquezades poñer o reloxo. Aí van 4 exemplos:
DESAFÍO 2: Traballo de investigación sobre o número de chanzos dalgúns dos monumentos máis coñecidos do mundo. Terán máis ca escaleira de Domingo de Andrade? Averigüa e compara.
Chegan as primeiras "Torres do Reloxo"
Ningún comentario:
Publicar un comentario