Carlos Casás e Armando Herrero trouxéronnos dúas cancións en galego creadas polo propio Carlos e ilustradas por nenos e nenas doutros colexios: "o paxariño", introducida cun previo conto en galego da propia experiencia de Carlos, e "como chove", onde se traballan as partes do corpo en galego cas rimas dunha forma máis divertida. Esta última canción tiña unha sorpresa no final: as fotos que fixeramos cos nenos e nenas a semana pasada cos paraugas 💧.
Ademáis, sorprenderonnos cunha presentación comparativa das vivendas galegas e as vivendas xaponesas, descubrindo grandes diferenzas culturais coma os futóns nos que durmen os xaponeses, que andan descalzos nas súas casas, e os curiosos baños que teñen.
Encantounos a vosa visita, moitas grazas !
Ningún comentario:
Publicar un comentario