Aquí tedes unha parte do resultado do croma que estivemos a realizar a semana pasada.
Unha vez que tod@s estivemos convertidos en Rosalía de Castro, pasamos a traballar con estas imaxes para intentar emular o cartel da proposta da AELG #LibreOMeuPensamento.
Para iso empregamos unhas endibias, as cales cortamos e pintamos con témpera para poder estampalas imitando o efecto das flores.
Estes días seguiremos deixando voar os nosos pensamentos para engadirlle algúns elementos máis ás nosas composicións.
Seguiremos informando...
Ningún comentario:
Publicar un comentario