BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

xoves, 23 de xuño de 2022

Expo #barrionautasEastronovos

  Remata o noso proxecto con esta magnífica exposición no noso espazo fedelleiro, preme na imaxe para vela!👀

 

martes, 7 de xuño de 2022

Martes poesía - express: "A Natureza"

Este martes e con motivo do día mundial do medioambiente que foi a fin de semana pasada, 5 de xuño, o profe Pablo tiña unha sorpresa preparada para as tres clases. Primeiramente leunos un poema marabilloso do poeta galego Manuel María titulado "A natureza". Despois debatimos sobre o poema, que era a natureza, a importancia que ten para o noso planeta terra e que cousas podiamos facer nós para poder tela nas mellores condicións posibles. Finalmente, a partir das nosas mans deixamos as nosas pegadas creando un planeta terra ideal. Grazas profe Pablo por esta fantástica actividade!







luns, 30 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - TÍA DE ENMA

 Este Venres a tía de Enma contounos o conto de "O ladrón de paraugas", onde fazoulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento.

(Preme na imaxe para acceder a máis información)

xoves, 26 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - EMILY NAI DE CAMILA

 A nai de Camila veu a ler o conto de "Pirata pata de lata" de Kalandraka.

 
(Preme na imaxe para acceder a máis información)