BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 29 de novembro de 2023

ATELIER CIENTÍFICO: BECHOS NO MICROSCOPIO

Seguimos a investigar, no Atelier de Ciencia, ao redor dos bechos.
Co microscopio analizamos algún deles, patas, ás, características en xeral 
 


 

venres, 24 de novembro de 2023

25 N: LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

 Este mércores, grazas a ANPA de BARRIONOVO, visitounos Zeltia, da Xanela do maxín, coa súa obra “Lúa quere viaxar a Marte”



Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.




venres, 17 de novembro de 2023

MAGOSTO 2023










Pola aulas estivemos a realizar diferentes talleres: Música, recipientes de refugallo e xogos tradicionais, e despois…a desgustar as castañas!