BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

domingo, 8 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: RECURSOS

 A semana máis especial do mes xa está aquí! Como ben sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Florencio Delgado gurriarán. Con motivo diso, deixámosvos uns recursos fundamentais para poder traballar ao redor deste autor:

Biografía a partir de TikTak Draw

Biografía en pictogramas

"Son o poeta que cruzou o océano Florencio Delgado Gurriarán". Texto de ledicia costas e ilustracións de Blanca Millan

                   

                  

 

 Canción "A Pandeirada", cun poema de Florencio Delgado, interpretada por Carlos Garcia Casás

 "Casoiro", dramatización dun poema de Florencio sobre o mundo do viño valdeorrés

Ordena as imaxes

A ruleta de Florencio Delgado Gurriarán

 O rosco de Florencio Delgado Gurriarán

Moitos maís recursos nos seguintes enlaces: http://seminariogalan.org/ e https://primaveradasletras.gal/




 

venres, 6 de maio de 2022

Venres de Encurtas: "Aí ven o Maio"

https://bibliobn.blogspot.com/2022/05/venres-de-encurtas-ai-ven-o-maio.html

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - ADRIANA NAI DE JULIA

A partir do mes do libro, as familias séguense animando a contar na nosa escola. Agora con motivo do Mes das Letras Galegas, as familias contarannos os contos... en galego!
A primeria en animarse foi Adriana, nai de Julia e contounos o conto de kalandraka titulado "Chuvisca"



(Preme na imaxe para acceder a máis infromación)


mércores, 4 de maio de 2022

Florencio Delgado Gurriarán visítanos á biblioteca!

O martes de poesía express, veu visitar á bilbioteca do cole Florencio Delgado Gurriarán. Autor homenaxeado o día das letras galegas. Ademais de lernos e explicarnos o amor que ten a Galicia a partir do poema titulado "A salve" do Cancioneiro da Loita Galega, explicounos o motivo da maleta que levaba na man, para iso mostrounos o marabilloso conto titulado "Morriña" de Paula Ventimiglia. Un pracer poder compartir este intre contigo Florencio!

 



 




venres, 8 de abril de 2022

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022: LAXEIRO

O Día dás Artes Galegas 2022 está dedicado a José Otero Abeledo "Laxeiro", unha figura central da cultura galega do século XX pola súa achega á renovación e á vangarda nas artes. O seu impacto no mundo da creación artística, 25 anos despois do seu falecemento, segue sendo incuestionable, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Pero a pegada de Laxeiro non só circunscríbese a este ámbito. O artista lalinense conseguiu a aprobación popular dos galegos máis aló do ámbito pictórico e académico.

 

Para traballar a figura de Laxeiro, estivemos a reflexionar sobre a súa figura e a súa obra titulada "A cor" que tiñamos no calendario deste mes de Abril. Por último, tentamos recreala como máis nos gustase.

 
 
 


 
Para máis información sobre esta figura homenaxeada visitar: https://www.cultura.gal/gl/laxeiro e https://laxeiro.org/