BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

venres, 4 de decembro de 2020

CONTACONTOS: TROPA DE TRAPO

Grazas a Anpa, hoxe contamos coa visita da compañía de teatro "Tropa de trapo" quen nos agasallou co seu espectáculo "Contos de nenas grandes e pequenas".
Clicando na imaxe poderedes ampliar a información sobre esta actividade.



luns, 30 de novembro de 2020

PECHE MES DA CIENCIA EN GALEGO

Para pechar este mes, contamos coa colaboración da doutora Patricia Mosquera quen respondeu as preguntas sobre o coronavirus realizadas polos nenos e nenas da aula laranxa. Grazas a ela aprendemos un montón de cousas relacionadas con este novo virus, así como co seu traballo nas urxencias dun hospital.


Moitísimas grazas, Patricia!

mércores, 25 de novembro de 2020

25N. NON É NON!

Con motivo do 25N o alumnado de Barrionovo elaborou esta curta para explicar como debemos ou non debemos tratar aos demais.



Ademais, desfrutamos de 3 sesións de monicreques (unha por aula) a cargo de Garabato Xogos.
















luns, 23 de novembro de 2020

DÍA DA MÚSICA 2020

MÚSICA EN GALEGO!

Onte foi o DÍA DA MÚSICA e como non, tíñamos que celebralo. Para iso fixémoslle unha videoentrevista ó grupo Luar na Lubre  dalgunhas dúbidas que xurdiron nas clases de música sobre o seu CD "Vieiras e vieiros, historias de peregrinos", ensinámovos as respostas: 


Moitas gracias Luar na Lubre!!

luns, 16 de novembro de 2020

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2020

AUTÉNTICOS CIENTÍFICOS:

Segimos co mes da ciencia en galego e para iso a BiblioBn preparounos no noso Espazo Fedelleiro varios experimentos relacionados cos virus e máis en concreto co coronavirus, aquí vos deixamos as súas propostas:

- Cómo se comportan: "Selección de bibliografía relacionada"
- Cómo podemos velos: "microscopio e videos relacionados"
- A importancia das máscaras nesta pandemia: "experimento de soplo"
- A importancia do lavado de mans: "O xabrón e os virus"
- A incidencia no noso corpo: "Radiografías na mesa de luz"


Os nenos e nenas das aulas laranxa e azul xa foron a experimentar e ó longo da semana farano tamén os da aula rosa!

Un saúdo.