BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

luns, 2 de novembro de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

 O 31 de outubro de 2020, recordábamos o día das Letras Galegas adicado a Ricardo Carvalho Calero.


UN DÍA DIFERENTE!

O venres celebramos o Samaín, os nenos e nenas viñeron ó cole disfrazados e dende a biblio, a través da pantalla contáronnos un conto moi relacionado co proxecto #camiñanteSIhaicamiño e co Samaín: "Sar Sarela e os monstros de Compostela", foi moi interesante e ademais en galego!


Aquí vos ensinamos o ben que o pasamos:

mércores, 28 de outubro de 2020

SEGUIMOS CO SAMAÍN!

O luns chamounos dende a biblioBN unha bruxiña que nos contou "A lenda do peregrino". Todos e todas quedamos de pedra, non sabíamos que pasaba iso na praza da Quintana de Santiago de Compostela.


Logo tamén nos convidou a pasarnos pola biblio durante esta semana, pois alí espéranos un cemiterio de contos de terror.

Podedes ver como foi todo no seguinte vídeo:


Seguiremos informando!