BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

luns, 1 de abril de 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS: LUIS SEOANE

Para conmemorar o Día das Artes Galegas e homenaxear a Luis Seoane, a mestra María creou unha fermosa historia con algunhas das obras deste artista. 


Cunha música relaxante de fondo e empregando a técnica xaponesa do kamishibai, María relatounos un conto ambientado nunha fraga galega no que aparecían moitas cousas das aprendidas co noso proxecto #somosdemonte (raposos, xabaríns, porco teixos, incendios forestais...)


Unha vez rematada a lectura do conto, acordamos repartirnos as láminas de Seoane por aulas para crear as nosas propias historias.


CALENDARIO ABRIL


venres, 22 de marzo de 2019

ENCONTROS CON FAMILIAS: #SOMOSDEMONTE

Neste segundo trimestre seguimos compartindo experiencias relacionadas co noso proxecto anual #somosdemonte coas familias do alumnado.
Na biblioBN contamos coa visita da tía e da irmá de Ainara Souto que nos viñeron a falar do Monte e do Castro de Santa Tegra.


E tamén recibimos á nai de Iago coa que aprendemos moitas cousas sobre unha especie invasora como é o plumeiro da pampa.


No noso horto contamos cunha axuda moi especial, o pai de Ainara Carril quen quixo compartir con nós os seus coñecementos hortícolas e con el plantamos repolos e col kale.
Preme nas imaxes para ampliar a información. 


Moitísimas grazas a todos polas vosas aportacións!