BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

sábado, 16 de febreiro de 2019

#LIBREOMEUPENSAMENTO: PREPARATIVOS

Xa falta pouco para o Día de Rosalía e, en Barrionovo, andamos argallando algo...
Permanecede atentas/os, nuns días ides ter máis información. 


 

martes, 12 de febreiro de 2019

DESEUCALIPTIZACIÓN: PALABRA DO ANO 2018

No Portal das Palabras, unha iniciativa da RAG e da Fundación Barrié, os usuarios elixiron a palabra "DESEUCALIPTIZACIÓN" como palabra do ano 2018.
Este martes, con motivo da Poesía Express, Aida realizou no espazo fedelleiro unha acción poética-multimedia en relación con esta palabra.
Nas aulas estamos a traballar a diferencia entre especies autóctonas e invasoras e a importancia de eliminar progresivamente as especies que proveñen de fóra e reforestar coas do país.

O TEIXO DE PONTEDEUME

Seguimos contando coa colaboración das familias no noso proxecto anual #somosdemonte.
A semana pasada recibimos na biblioBN a visita da nai de Artai que, xunto con el, veunos explicar a historia dunha árbore moi especial para a súa familia : o teixo dos Tenreiro.
Esta árbore está incluida dentro das árbores senlleiras de Galicia
Clicando na seguinte imaxe poderedes ampliar a información desta visita.


Moitas grazas a María e Artai pola súa implicación.

mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2019

Este mércores 30 de xaneiro, conmemoramos o nacemento dun persoeiro ilustre moi querido e coñecido en Barrionovo, Castelao. Para iso, aproveitamos unha das súas fermosas ilustracións, neste caso a titulada "Que pequenos son os homes" a cal está moi relacionada co noso proxecto anual #somosdemonte.
Mediante un croma quixemos representar a grandeza dos montes en comparación cos humanos.



Ademais, nas aulas, realizamos as nosas intervencións artísticas nesta fermosa lámina empregando papel de esbozo e rotuladores fluorescentes.




sábado, 19 de xaneiro de 2019

COMPARTINDO INFORMACIÓN DOS MONTES GALEGOS

Esta semana, na biblioBN, tivo lugar un encontro no que os nenos e nenas das tres aulas puxeron en común todo o aprendido en relación cos montes de Galicia traballados no primeiro trimestre: monte Xalo, monte Neme, serra do Xurés e serra dos Ancares. Ademais, en cada aula fixéronse investigacións exahustivas sobre algúns animais que habitan nestes montes: porco teixo, esquío, raposo, furón, peto, merlo, pega, xabarín e porco espiño, e o resultado das mesmas foi compartido neste encontro tan interesante.
Premendo na seguinte imaxe atoparedes todas as imaxes desta actividade.