BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este luns de biblio en familia conmemoramos o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Fixémolo falando da súa biografía e escribindo palabras que nos evocan as nosas casas. Ademais, lemos e comentamos o poema "Miña casiña, meu lar".


Por último, construimos casiñas con palitroques cubertos con teas e creamos uns marcapáxinas ben orixinais.



martes, 10 de febreiro de 2026

A MÁQUINA DO TEMPO

 Estes días estamos a descubrir os mandadiños do meco agochados na nosa máquina do tempo particular, elaborada polo alumnado de 5° e 6° de E.I con materiais de refugallo.



venres, 30 de xaneiro de 2026

ENCONTXO: DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2026

 Aínda que en Barrionovo falamos todos os días da importancia da resolución dos conflictos e da non violencia, hoxe aproveitamos a conmemoración do Día da Paz para a lectura dramatizada do conto "Un poco de mal humor" adaptado ao galego. 

Con el aprendemos que basta un pouco de vontade e responsabilidade individual para desfacer os nós que nós mesm@s creamos e ás veces enlean a convivencia. 


martes, 27 de xaneiro de 2026

ENTROIDO 2026: A MÁQUINA DO TEMPO

 O VENRES 13 DE FEBREIRO, VIAXAREMOS AO PASADO. 


CADA AULA RECREARÁ A VESTIMENTA DUNHA ÉPOCA MOI CARACTERÍSTICA DO PASADO.


AULA ROSA: ANO 1900



AULA LARANXA: ANOS 1960 


AULA AZUL: ANOS 1980 






domingo, 25 de xaneiro de 2026

xoves, 22 de xaneiro de 2026

ENCONTXO: O NOBELO DE NENUCA

 Durante este segundo trimestre, daremos visibilidade á transmisión oral das persoas maiores. 

Para non esquecer como era todo antes. 

Para que o seu "legado" non se perda.




Escoitamos o pasado da avoa Nenuca coa lectura do conto.
Agora vos invitamos a falar  e preguntar coas nosas maiores a través da proposta:

TRANSMISORAS DO TEMPO




Unha vez máis necesitamos da vosa colaboración, elexindo unha MULLER próxima con anos de experiencia para poder coñecer como foi a súa infantil e a que se adicou. Entregade as biografías antes do 26 de febreiro.


Unha pequena biografía dunha muller, unha ollada ao pasado, unha homenaxe aos nosos maiores.

As biografías formarán parte dunha exposición para conmemorar o 8M.