BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

luns, 2 de decembro de 2024

OS SONS SECRETOS DO NADAL

 Un calendario de advento de refugallo.

A conta atrás comeza entre paos, rolos de papel e corda.



martes, 19 de novembro de 2024

MOCHILAS FEDELLEIRAS VIAXEIRAS

Arrinca o préstamo das mochilas fedelleiras deste curso 24-25
As mochilas viaxarán de casa en casa semanalmente.
Deberán vir de volta o luns seguinte.
Procurade revisar o estado dos xogos de volta á escola.
Calquera incidencia comunicádello as profes.
GRAZAS!
Desfrutade do préstamo!!




 

luns, 11 de novembro de 2024

MAGOSTO 24

Celebramos o magosto con castañas asadas polas familias voluntarias da aula de 4º de E.I. 


Moitas grazas pola vosa colaboración!

luns, 4 de novembro de 2024

mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN 24

Festexamos o Samaín cun obradoiro terrorífico no Fedelleiro e unha xuntanza no noso patio ao redor das cabazas aportadas pola familias.








martes, 29 de outubro de 2024

VISITA AO CEIP GALÁN POLO SAMAÍN

Respondendo á invitación de bibliogalán o alumnado de 5º e 6º visitou o CEIP de Galán para ver a exposición de cabazas e ir a súa biblio, onde o alumnado de 4º de Primaria nos tiña preparado un conto e diferentes obradoiros do Samaín: decoración de cabazas, pulseiras, maquillaxe, landart de outono...







xoves, 24 de outubro de 2024

ELEMENTOS DE OUTONO

 Debullamos mazorcas de millo.


Valeiramos cabazas polo samaín.




Aprendemos os perigos que pode ocasionar tocar ou manipular cogomelos. Utilizamos a app lens para identificar os que sairon nunha das macetas do noso patio.





luns, 14 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS 2024

Festexamos o Día das Escritoras escoitando o conto "O dedo no nariz" de Paula Merlán todos xuntos na biblioBN.






martes, 8 de outubro de 2024

mércores, 2 de outubro de 2024

MEU CORAZÓN PALPITA

No Espazo Fedelleiro ao ritmo do latido do corazón  mediante unha instalación sensorial e un poema....así comezamos a apaixonante viaxe polo novo proxecto.



martes, 1 de outubro de 2024

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN NA BIBLIOBN

Esta semana os nenos e nenas da aula rosa acudiron á BiblioBn a procurar información do que máis lles intrigou do noso proxecto Terra=BN3: os órganos do noso corpo. E é que a partir dunhas imaxes na asamblea sobre diferentes órganos, centraron a búsqueda de información en 4 órganos: corazón, pulmóns, estómago e cerebro.



CALENDARIO OUTUBRO