BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

martes, 25 de outubro de 2022

Na Cociña da bruxa... Galletas de Samaín





Despois de escoitar que cousas hai na cociña da Bruxa...

 TOCA POÑERSE A COCIÑAR!

No espazo Fedelleiro estase a cocer un obradoiro de cociña durante toda a semana. A aula azul xa cociñou unhas ricas galletas co ingrediente protagonista desta semana de Samaín: CABAZA!!!! 

Cada día da semana, cada aula cociñará cadansúas galletas.




SE QUEREDES COCIÑAR NA CASA, ESTA É A RECEITA QUE NOS TROUXO A BRUXA:

Día das Bibliotecas: "A pantasma das bragas rotas"

Hoxe, día das bibliotecas, celebrámolo con este fantástico conto "A pantasma das bragas rotas", de Nube ocho ediciones, a través dun teatriño de sombras.
Pasámolo de MEDO!!

E despois... fixemos entrega dos carnés dos novos usuarios da biblioteca.
Feliz Día das Bibliotecas!!




mércores, 19 de outubro de 2022

EncontRos BN: Sabela Trelles


Hoxe tivemos a sorte de contar, na nosa biblioteca, coa presenza de Sabela Trelles, escritora galega, que nos contou un dos seus contos "Que queres ser de maior, pequena", da editorial Xerais.
E que mellor maneira que a presenza dunha muller, escritora, e galega, para conmemorar a semana das escritoras nas bibliotecas escolares.
Grazas Sabela polo teu tempo e por axudarnos a alimentar a nosa IMAXINACIÓN!






E coma despedida... firma no libro de visitas e agasallo 3D



Na aula dos maiores fixemos un dos xogos que nos popuxo tras o conto. 
Poñemos a nosa imaxinación e creatividade en marcha inventando novas palabras como inspiración para escribir historias.


 

domingo, 16 de outubro de 2022

Día das escritoras

Esta semana conmemoramos o Día das Escritoras cunha selección de contos escritos polas nosas escritoras e que leremos nas aulas no momento do conto

venres, 14 de outubro de 2022

martes, 4 de outubro de 2022

EncontRos BN: Así comezou todo

Hoxe comezamos o día cunha actividade sensorial, que servirá de inicio ao noso proxecto. No Espazo Fedelleiro esperaba un volcán interactivo, e un video que nos fixo pensar sobre cómo sería o inicio da vida na terra.

Agora tócanos investigar quenes foron os primeiros animais en poboar o noso planeta e máis as pegadas que nel deixaron.

Anímaste a investigar??

Xa na clase decoramos o noso volcán, que podedes ver coa app de realidade aumentada Quiver (ver o titorial)