BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

venres, 27 de febreiro de 2026

OFICIOS TRADICIONAIS: OBRADOIRO DE OLERÍA

 Hoxe contamos na escola coa presenza de Pablo Risco, oleiro de Buño, con quen puidemos experimentar co barro e facer diferentes pezas coas nosas mans.


Tamén tivemos oportunidade de ver como se traballa co torno e puidemos probalo.




Moitas grazas, Pablo! 


martes, 24 de febreiro de 2026

POESÍA EXPRESS: CALDO DE GLORIA

Hoxe celebramos o día de Rosalía coa poesía "Caldo de Gloria", para honrar a poetisa e novelista Rosalía de Castro.

A Fundación Rosalía de Castro puxo en marcha a iniciativa "Caldo de Gloria", inspirada no poema "Miña casiña, meu lar", na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a supervivencia a que se tiña que afrontar acotío.



Así na BiblioBn fixemos tamén un caldo de gloria, cos ingredientes do poema. Logo, nas aulas, rematouse a xornada cun traballo de escritura de palabras significativas.



luns, 23 de febreiro de 2026

DÍA DE ROSALÍA 2026

 Este luns de biblio en familia conmemoramos o 189 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Fixémolo falando da súa biografía e escribindo palabras que nos evocan as nosas casas. Ademais, lemos e comentamos o poema "Miña casiña, meu lar".


Por último, construimos casiñas con palitroques cubertos con teas e creamos uns marcapáxinas ben orixinais.



martes, 10 de febreiro de 2026

A MÁQUINA DO TEMPO

 Estes días estamos a descubrir os mandadiños do meco agochados na nosa máquina do tempo particular, elaborada polo alumnado de 5° e 6° de E.I con materiais de refugallo.