BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 30 de outubro de 2024

SAMAÍN 24

Festexamos o Samaín cun obradoiro terrorífico no Fedelleiro e unha xuntanza no noso patio ao redor das cabazas aportadas pola familias.








martes, 29 de outubro de 2024

VISITA AO CEIP GALÁN POLO SAMAÍN

Respondendo á invitación de bibliogalán o alumnado de 5º e 6º visitou o CEIP de Galán para ver a exposición de cabazas e ir a súa biblio, onde o alumnado de 4º de Primaria nos tiña preparado un conto e diferentes obradoiros do Samaín: decoración de cabazas, pulseiras, maquillaxe, landart de outono...







luns, 14 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS 2024

Festexamos o Día das Escritoras escoitando o conto "O dedo no nariz" de Paula Merlán todos xuntos na biblioBN.






martes, 8 de outubro de 2024

ENCONTROS BN RELACIONADOS CO PROXECTO

Contamos coa participación das familias expertas en temas do proxecto deste curso.



mércores, 2 de outubro de 2024

MEU CORAZÓN PALPITA

No Espazo Fedelleiro ao ritmo do latido do corazón  mediante unha instalación sensorial e un poema....así comezamos a apaixonante viaxe polo novo proxecto.



domingo, 26 de maio de 2024

AS FAMILIAS CONTAN NO MES DAS LETRAS GALEGAS

Como todos os cursos, no mes de maio na biblioBN as familias contan EN GALEGO!





Moitas grazas a todas por axudarnos a fomentar a lectura na nosa lingua!

domingo, 19 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 24: ALMA DE VIOLINO

O xoves día 16 conmemoramos o Día das Letras Galegas con diferentes actividades.

Recibimos na biblioBN  a Alma, compañeira de Luísa Villalta, quen saíu do violino para contarnos moitas cousiñas da vida da autora homenaxeada.

Como despedida, despois de meterse no violino de novo, Alma deixounos unha nube de pompas de xabrón.

Baseámonos no libro "Alma de violino" de Beatriz Maceda e Eli Ríos.

Despois empregamos a nosas palabras favoritas en lingua galega, elixidas na casa coas nosas familias, para completar o mural co skyline da cidade de A Coruña e os seus monumentos máis relevantes.


Por outra banda, nas aulas tamén traballamos con estas palabras para facer creacións poéticas como a que podedes ver no seguinte vídeo.

Para finalizar o día, levamos para casa unha lingua feita coa impresora 3D e un código QR que enlaza á páxina deste mesmo blogue na que se atopa o repositorio de todas as cantigas en lingua galega empregadas nos calendarios deste curso. 

http://barrionovofalagalego.blogspot.com/p/barrionovo-canta-en-galego.html

mércores, 15 de maio de 2024

PALABRAS QUE DEBUXAN

 Igual que o poema "Obelisco" de Luisa Villalta. Nós tamén debuxamos con palabras.




















martes, 14 de maio de 2024

POESÍA EXPRESS: ¨OBELISCO¨ DE LUÍSA VILLALTA

Na semana das Letras Galegas, representamos o poema ¨Obelisco¨ incluído no poemario ¨En concreto¨ de Luísa Villalta.

Xogando coas luces e as sombras compoñemos o skyline de A Coruña, cidade na que naceu a homenaxeada.