Coa técnica do Croma e a colaboración das familias elaboramos este vídeo no que facemos unha petición moi especial para o 2018.
xoves, 21 de decembro de 2017
domingo, 10 de decembro de 2017
venres, 1 de decembro de 2017
"Toponimízate" bota a andar en Arteixo
Presentación do programa "Toponimízate"
Sábado 2 de decembro
ás 12:00 horas no Centro Cívico de Arteixo
xoves, 30 de novembro de 2017
OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA
Neste curso, xa que o tema do proxecto é "A volta a Galicia en 284 días", estamos a levar na mochila da Okupación Escornabótica unha plantilla en branco para completar na casa inventando un xogo relacionado con algún aspecto relevante do noso país.
Aquí tedes unha mostra dos traballos feitos pola familia de Iker (5 anos) e pola familia de Artai (4 anos) nos que podemos traballar, por unha banda, os escritores/as galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas e, por outra parte, as festas populares galegas.
1. Rosalía de Castro
2. Castelao
3. Curros Enríquez
4. Eduardo Pondal
5. Ramón Cabanillas
6. Álvaro Cunqueiro
7. Celso Emilio Ferreiro
8. Manuel María
9. Carlos Casares
10. Día das Letras Galegas
2. Magosto
3. O apalpador
4. Asalto ao castelo (Vimianzo)
5. Romaría vikinga (Catoira)
6. Rapa das bestas
7. Entroido de Laza
8. San Xoán
9. Arde Lucus
Nos dous casos a forma de xogar consiste en tirar o dado e mirar na lenda a que imaxe corresponde o número que nos tocou e, a continuación, darlle as ordes correctas ao escornabot para chegar ata dita casilla.
Moitas grazas as familias pola súa colaboración!
mércores, 22 de novembro de 2017
INSTRUMENTOS GALEGOS
Para conmemorar o Día da Música que se celebra hoxe (22 de novembro-Santa Icía), o alumnado de 4 anos realizou unha actividade relacionada cos instrumentos tradicionais galegos empregando a App TinyTap.
xoves, 2 de novembro de 2017
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO
Neste mes que está a comezar, celébrase o Mes da Ciencia en Galego co cal preténdense amosar as posiblidades do galego como lingua para facer ciencia, así como para animar ao alumnado a aprender e divulgar ciencia na lingua propia de Galicia.
Premendo na imaxe pódese acceder á programación de todas as actividades ofertadas no portal Cultura de Galicia.
mércores, 1 de novembro de 2017
martes, 10 de outubro de 2017
ARQUIVO SONORO DE GALICIA
Na páxina web do Consello da Cultura Galega atopamos cousas tan interesantes para desenvolver o traballo do noso proxecto "A volta a Galicia en 284 días", como é o caso dos instrumentos tradicionais galegos. Toda a información que aparece na web foi recompilada por Pablo Carpintero Arias nun libro titulado "Os instrumentos musicais na tradición galega" publicado orixinalmente en papel pola Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Premendo na imaxe podedes acceder a el.
Premendo na imaxe podedes acceder a el.
luns, 2 de outubro de 2017
venres, 29 de setembro de 2017
venres, 15 de setembro de 2017
CALENDARIO SETEMBRO 2017
Empezamos o curso cunha homenaxe a Manuel María lendo os poemas de As rúas do vento ceibe coas que traballamos os símbolos do noso país.
venres, 1 de setembro de 2017
luns, 3 de xullo de 2017
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2018: ALEJANDRO DE LA SOTA
A Real Academia Galega de Belas Artes ven de elexir a candidatura do arquitecto Alejandro de la Sota como homenaxeado no Día das Artes Galegas 2018.
venres, 30 de xuño de 2017
martes, 27 de xuño de 2017
REFRANEIRO DOS NOSOS OFICIOS
ESTE É O REFRANEIRO DOS OFICIOS TRADICIONAIS, RECOMPILADO POLAS FAMILIAS DA ESCOLA
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!
AINDA NON TODOS SOMOS ROBOTS: CADERNO DOS OFICIOS TRADICIONAIS
ESTE É O CADERNO QUE ELABORAMOS NAS AULAS PARTINDO DO ALMANAQUE.
domingo, 18 de xuño de 2017
LETRAS GALEGAS 2018: Mª Victoria Moreno
A RAG decidiu onte que as próximas Letras Galegas estarán dedicadas a Mª Victoria Moreno.
Sabemos da súa obra e figura grazas ao Encontro que polo mes de Febreiro tivemos con Eli Ríos.
sábado, 3 de xuño de 2017
I MAIO MIUDO
Á volta posamos co Maio-Escornabot da escola.
mércores, 31 de maio de 2017
A formiga esquiadora
Para rematar o Mes das Letras Galegas, os nenos e nenas da Aula Azul, nos agasallaron cun encontxo
no que contaron unha das historias do libro "A Galiña Azul"
mércores, 24 de maio de 2017
VIDEOTECA DOS NOSOS OFICIOS
Inauguramos a Videoteca dos Nosos Oficios coa visita de Ramón, o tío de Ainara, que nos deixou claro que os homes tamén saben palillar.
Falounos de todo o que se precisa para facer esas cousas marabillosas que trouxo prendidas na súa almofada.
Despois púxonos mans á obra:
MOITAS GRAZAS POR DARNOS A COÑECER ESTE PRECIOSO OFICIO!!!
O CAN RIN....
Aida, María e os nenos e nenas da Aula Rosa prepararon este Teatriño de Refugallo
co que representaron una adaptación do conto de Casares "O can Rin e o lobo Crispín"
mércores, 17 de maio de 2017
xoves, 11 de maio de 2017
domingo, 7 de maio de 2017
ENCONTXO NA GALAXIA CASARES
Arrincamos o Mes das Letras Galegas
Viaxando á Galaxia Casares da man do alumnado do IES Carlos Casares de Vigo e os seu álbum As estrelas máis estrelas de todas as estrelas.
Estas estrelas non son outras que as obras de Carlos Casares.
Ao
tempo que lemos, imos colocando na constelación que se nos indicaca as
portadas dos libros dos que se vai falando. Usamos un planisferio
celeste:
Colocamos o planisferio na entrada da escola xunto á selección de lecturas:
Durante este mes seguiremos a viaxar por esta Galaxia:
A Galaxia Casares
venres, 28 de abril de 2017
Contadas na voz de Ana Hermida
Para rematar o Mes do Libro visitamos a
Biblioteca Municipal "Miguel Sande" de Pastoriza, onde descubrimos a Carlos Casares e a
súa obra da man de Ana Hermida
domingo, 2 de abril de 2017
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2017
Encontramonos na BiblioBN con MARUJA MALLO, homenaxeada no Dia das Artes Galegas 2017
Maruja mallo from mariapousa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)