martes, 31 de maio de 2022
luns, 30 de maio de 2022
MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - TÍA DE ENMA
Este Venres a tía de Enma contounos o conto de "O ladrón de paraugas", onde fazoulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento.
(Preme na imaxe para acceder a máis información)
xoves, 26 de maio de 2022
mércores, 25 de maio de 2022
martes, 17 de maio de 2022
O DÍA DAS NOSAS LETRAS!
Por fin chegou este día tan especial! O días das Letras Galegas! Para festexalo non podian faltar ás familias na nosa escola. A
mañá estivo amenizada pola Asociación Cultural Donaire, compartimos un día de
troula con gaiteiros, cancións e bailes, de feito representamos a canción
"Terra" das Tanxugueiras coa nosa profe Silvia.
venres, 13 de maio de 2022
MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - NAI DE ANTÓN
A mamá de Antón veunos contar o marabilloso conto "Porque te quero moito", de Hércules edicións.
(Preme na imaxe para acceder a máis información)
MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - NAI DE ALEJANDRO
As familias seguen animándose a contarnos contos en Galego! Neste caso a mamá de Alejandro contounos "Boas noites a todos" de Nubeocoho.
(Preme na imaxe para acceder a máis información)
MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - TÍA DE LEO
Seguimos a contar en galego neste mes tan especial! Esta vez a tía de Leo contounos o conto "Coidado coa charca", da editorial bululú.
(Preme na imaxe para acceder a máis información)
xoves, 12 de maio de 2022
MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - LIDIA MAMÁ DE NOA
Polo Mes das Letras seguimos a contar na BiblioBN. Esta vez contamos ca visita de Lidia, nai de Noa, que nos veu ler un éxito de sempre, o conto de "Coelliño Branco" de kalandraka.
(Preme na imaxe para acceder a máis información)
mércores, 11 de maio de 2022
MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - DANIEL PAI DE ERIK
As familias seguen animándose a lernos contos neste mes tan especial. O pai de Erik veunos contar o conto "Rumores no bosque", de Pilar serrano.
(Preme na imaxe para acceder a máis infromación)
domingo, 8 de maio de 2022
MES DAS LETRAS GALEGAS: RECURSOS
A semana máis especial do mes xa está aquí! Como ben sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Florencio Delgado gurriarán. Con motivo diso, deixámosvos uns recursos fundamentais para poder traballar ao redor deste autor:
Biografía a partir de TikTak Draw
Biografía en pictogramas
"Son o poeta que cruzou o océano Florencio Delgado Gurriarán". Texto de ledicia costas e ilustracións de Blanca Millan
Canción "A Pandeirada", cun poema de Florencio Delgado, interpretada por Carlos Garcia Casás
"Casoiro", dramatización dun poema de Florencio sobre o mundo do viño valdeorrés
Ordena as imaxes
A ruleta de Florencio Delgado Gurriarán
O rosco de Florencio Delgado Gurriarán
Moitos maís recursos nos seguintes enlaces: http://seminariogalan.org/ e https://primaveradasletras.gal/