A medio camiño entre o Día de Rosalía e o Día da Poesía ...
aproveitamos
os paneis informativos elaborados polo Departamento de Normalización
Lingüística do Concello de Arteixo, préstamo das Bibliotecas Municipais,
para afondar un pouquiño máis na súa vida, obra e recoñecemento.
Despois
de ver o panel coas esculturas de Rosalía espalladas polo mundo,
amplíamos información coa magnífica presentación da biblioteca do IES San Paio de Tui:
Rematamos
escoitando os tres poemas que aparecen nos paneis interpretados por:
Luz Casal e Carlos Núñez, Amancio Prada e Astarot.
Eli Ríos visitou a biblioBN e mostrounos a vida e obra de María Victoria Moreno co seu libro da Colección Mulleres Bravas da Nosa Historia daEditorial URCO.
Achegounos á figura desta mestra e escritora que namourou da nosa terra e da nosa língua. Leunos as súas historias que queren que, como ela, amemos"a beleza da paisaxe, da vida, das persoas e das palabras".