Este é o resultado final do vídeo de Nadal ca canción "viaxa en Barrionovo", ca colaboración das familias, os nenos e nenas, e as mestras da EEI Barrionovo.
Para elaboralo puxemos un pouco de cariño, TICS e creatividade musical. Todo iso relacionándoo co proxecto #mesturArte.
Hoxe a profe Desi e os nenos e nenas de 5 anos presentáronnos un conto rimado chamado "unha fantasma con asma", a cal a foron representando co teatro de sombras.
Podedes ver máis premendo na seguinte imaxe.
Hoxe contamos na BiblioBN coa presenza de Mª Faltri e Jorge Juncal co espectáculo "Soñando inventei", un espectáculo Trans-Formador por e para a igualdade.