BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

venres, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO




DESPOIS, AS AULAS PROPOÑERÁN PARA ESTE DÍA A ELABORACIÓN DUNS TÍTERES MÁIS UN TEATRIÑO PARA REPRESENTAR A SÚAS PROPIAS OBRAS.
AULA AZUL
AULA LARANXA
AULA ROSA

E ADEMÁIS.... PARA CELEBRAR ESTE DÍA QUE MELLOR QUE UNHA ACTUACIÓN MUSICAL DOS NEN@S DA ESCOLA DE BARRIONOVO INTERPRETANDO O TEMA "FEMINIST BABY" CREADO POLAS MESTRAS LARA E LUCÍA, OU MILLOR DITO AS "PINK AND BLUE"

mércores, 25 de marzo de 2020

POESÍA EXPRESS: POMPAS DE CORES

Como cada mércores, na BiblioBn temos Poesía Express, a de hoxe está extraída dun libro de Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas, titulado "Pompas de Cores".
O poema trata dunha babosa ou lesma que ve voar sen parar a unha fermosa bolboreta chea de cores, as cores que xustamente ela precisa.


luns, 16 de marzo de 2020

AULAS GALEGAS

FAMILIAS TEDES A VOSA DISPOSICIÓN NO SEGUINTE LINK UNHA INICIATIVA DE PROFESORADO GALEGO ANTE ESTA SITUACIÓN DE ILLAMENTO PROVOCADA POLO COVID-19, OFRECENDO UNHA AXUDA EDUCATIVA Á SOCIEDADE. 
NESTA PÁXINA PODEDES ENCONTRAR RECURSOS E MATERIAIS EDUCATIVOS EN GALEGO COMA CONTOS SELECCIONADOS PARA 3, 4 E 5 ANOS. 
PARA O ALUMNADO E AS FAMILIAS PUBLICARÁN CADA DÍA MATERIAL CLASIFICADO POR NIVEL ACADÉMICO: EDUCACIÓN INFANTIL (3, 4 E 5 ANOS), PRIMARIA... 
A EDUCACIÓN EN GALEGO CONTINÚA !!



luns, 9 de marzo de 2020

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe celebramos o 8-M, día internacional da MULLER, cunha canción en galego-inglés interpretada polas nosas profes Lara e Lucía. Podedes ver máis premendo no seguinte enlace

https://bibliobn.blogspot.com/2020/03/encontros-bn-feminist-baby.html


Tamén traballamos o libro "INTRÉPIDAS". SEIS EXPLORADORAS QUE FIXERON HISTORIA COAS SÚAS VIAXES AO REDOR DO MUNDO E QUE EMULAREMOS A TRAVÉS DUN CROMA E UNHA PEQUENA BIOGRAFÍA.





E fixemos un croma entre todos falando sobre a vida destas mulleres, foi moi divertido


8M: Mulleres Intrépidas from biblio BN on Vimeo.

venres, 6 de marzo de 2020