BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

luns, 30 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - TÍA DE ENMA

 Este Venres a tía de Enma contounos o conto de "O ladrón de paraugas", onde fazoulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento.

(Preme na imaxe para acceder a máis información)

xoves, 26 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - EMILY NAI DE CAMILA

 A nai de Camila veu a ler o conto de "Pirata pata de lata" de Kalandraka.

 
(Preme na imaxe para acceder a máis información)


mércores, 25 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - PABLO PAI DE GALICIA

Tras o día da festa das letras galegas as familias seguiron animándose a seguir léndonos contos, esta vez  Pablo leunos o conto de "Diferentes diferenzas" de Silvia Penide.

(Preme na imaxe para acceder a máis información)

O DÍA DAS NOSAS LETRAS!

Por fin chegou este día tan especial! O días das Letras Galegas! Para festexalo non podian faltar ás familias na nosa escola. A mañá estivo amenizada pola Asociación Cultural Donaire, compartimos un día de troula con gaiteiros, cancións e bailes, de feito representamos a canción "Terra" das Tanxugueiras coa nosa profe Silvia.


 

 
 
Ademais presentamos ás familias a nosa encurta adicada á vida do homenaxeado deste ano "Florencio Delgado Gurriarán"
 
 
 
(As familias no Espazo Fedelleiro desfrutando da Encurta, por quendas de aula) 
 
Festexamos un día con música galega, bailes, familias, profes e nen@s. Un día especial no que Galicia é a protagonista, festaxemos que no noso idioma non hai fronteiras! Gracias familias por facer deste día un día marabilloso.

venres, 13 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - NAI DE ANTÓN

A mamá de Antón veunos contar o marabilloso conto "Porque te quero moito", de Hércules edicións.

 

(Preme na imaxe para acceder a máis información)

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - NAI DE ALEJANDRO

As familias seguen animándose a contarnos contos en Galego! Neste caso a mamá de Alejandro contounos "Boas noites a todos" de Nubeocoho.

 

(Preme na imaxe para acceder a máis información)

 

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - TÍA DE LEO

 Seguimos a contar en galego neste mes tan especial! Esta vez a tía de Leo contounos o conto "Coidado coa charca", da editorial bululú.

 

(Preme na imaxe para acceder a máis información)

xoves, 12 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - LIDIA MAMÁ DE NOA

 Polo Mes das Letras seguimos a contar na BiblioBN. Esta vez contamos ca visita de Lidia, nai de Noa, que nos veu ler un éxito de sempre, o conto de "Coelliño Branco" de kalandraka. 

 

(Preme na imaxe para acceder a máis información)

mércores, 11 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS CONTAN - DANIEL PAI DE ERIK

As familias seguen animándose a lernos contos neste mes tan especial. O pai de Erik veunos contar o conto "Rumores no bosque", de Pilar serrano.

(Preme na imaxe para acceder a máis infromación)

domingo, 8 de maio de 2022

MES DAS LETRAS GALEGAS: RECURSOS

 A semana máis especial do mes xa está aquí! Como ben sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Florencio Delgado gurriarán. Con motivo diso, deixámosvos uns recursos fundamentais para poder traballar ao redor deste autor:

Biografía a partir de TikTak Draw

Biografía en pictogramas

"Son o poeta que cruzou o océano Florencio Delgado Gurriarán". Texto de ledicia costas e ilustracións de Blanca Millan

                   

                  

 

 Canción "A Pandeirada", cun poema de Florencio Delgado, interpretada por Carlos Garcia Casás

 "Casoiro", dramatización dun poema de Florencio sobre o mundo do viño valdeorrés

Ordena as imaxes

A ruleta de Florencio Delgado Gurriarán

 O rosco de Florencio Delgado Gurriarán

Moitos maís recursos nos seguintes enlaces: http://seminariogalan.org/ e https://primaveradasletras.gal/