Onte inaguramos o Mes da Ciencia en Galego cun EncontXoBN do libro "ADA, MAGNÍFICA, CIENTÍFICA" da Ed. BEASCOA
Despois tivemos a presentación do noso novo Atelier Creativo: xogamos coa ciencia.
No Espazo Fedelleiro temos varios experimentos cos que coñeceremos mellor o método científico e os seus pasos durante este mes de novembro.
Rematamos o EncontXo coa realización du experimento chamado "Canto viven os plásticos?" co que pretendemos averiguar que é o que pasa cando un residuo plástico queda na terra. Para iso metimos nun recipiente con terra varios residuos plásticos e orgánicos recollidos nas merendas e formulamos hipóteses de que podería ocorrer.
Agora nos queda rexistrar mediante fotografías o resultado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario