BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

xoves, 21 de decembro de 2017

QUEREMOS GALEGO XA!

Coa técnica do Croma e a colaboración das familias elaboramos este vídeo no que facemos unha petición moi especial para o 2018.

venres, 1 de decembro de 2017

"Toponimízate" bota a andar en Arteixo


Presentación do programa "Toponimízate"
Sábado 2 de decembro
ás 12:00 horas no Centro Cívico de Arteixo 



xoves, 30 de novembro de 2017

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA

Neste curso, xa que o tema do proxecto é "A volta a Galicia en 284 días", estamos a levar na mochila da Okupación Escornabótica unha plantilla en branco para completar na casa inventando un xogo relacionado con algún aspecto relevante do noso país. 
Aquí tedes unha mostra dos traballos feitos pola familia de Iker (5 anos) e pola familia de Artai (4 anos) nos que podemos traballar, por unha banda, os escritores/as galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas e, por outra parte, as festas populares galegas.

                        CÓDIGO DE XOGO:
                         1. Rosalía de Castro
                         2. Castelao
                         3. Curros Enríquez
                         4. Eduardo Pondal
                         5. Ramón Cabanillas
                         6. Álvaro Cunqueiro
                         7. Celso Emilio Ferreiro
                         8. Manuel María
                         9. Carlos Casares
                        10. Día das Letras Galegas

 
 
CÓDIGO DE XOGO:
                         1. Samaín
                         2. Magosto
                         3. O apalpador
                         4. Asalto ao castelo (Vimianzo)
                         5. Romaría vikinga (Catoira)
                         6. Rapa das bestas
                         7. Entroido de Laza
                         8. San Xoán
                         9. Arde Lucus
                        


Nos dous casos a forma de xogar consiste en tirar o dado e mirar na lenda a que imaxe corresponde o número que nos tocou e, a continuación, darlle as ordes correctas ao escornabot para chegar ata dita casilla.
Moitas grazas as familias pola súa colaboración!

mércores, 22 de novembro de 2017

INSTRUMENTOS GALEGOS

Para conmemorar o Día da Música que se celebra hoxe (22 de novembro-Santa Icía), o alumnado de 4 anos realizou unha actividade relacionada cos instrumentos tradicionais galegos empregando a App TinyTap.

xoves, 2 de novembro de 2017

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Neste mes que está a comezar, celébrase o Mes da Ciencia en Galego co cal preténdense amosar as posiblidades do galego como lingua para facer ciencia, así como para animar ao alumnado a aprender e divulgar ciencia na lingua propia de Galicia.
Premendo na imaxe pódese acceder á programación de todas as actividades ofertadas no portal Cultura de Galicia.
https://www.cultura.gal/gl/ciclo/596

martes, 10 de outubro de 2017

ARQUIVO SONORO DE GALICIA

Na páxina web do Consello da Cultura Galega atopamos cousas tan interesantes para desenvolver o traballo do noso proxecto "A volta a Galicia en 284 días", como é o caso dos instrumentos tradicionais galegos. Toda a información que aparece na web foi recompilada por Pablo Carpintero Arias nun libro titulado "Os instrumentos musicais na tradición galega" publicado orixinalmente en papel pola Difusora de Letras, Artes e Ideas.
Premendo na imaxe podedes acceder a el.

http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/





venres, 15 de setembro de 2017

CALENDARIO SETEMBRO 2017


Empezamos o curso cunha homenaxe a Manuel María  lendo os poemas de As rúas do vento ceibe coas que traballamos os símbolos do noso país.

luns, 3 de xullo de 2017

venres, 30 de xuño de 2017

martes, 27 de xuño de 2017

REFRANEIRO DOS NOSOS OFICIOS

ESTE É O REFRANEIRO DOS OFICIOS TRADICIONAIS, RECOMPILADO POLAS FAMILIAS DA ESCOLA



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

domingo, 18 de xuño de 2017

LETRAS GALEGAS 2018: Mª Victoria Moreno

A RAG decidiu onte que as próximas Letras Galegas estarán dedicadas a Mª Victoria Moreno.
Sabemos da súa obra e figura grazas ao Encontro que polo mes de Febreiro tivemos con Eli Ríos.
 

sábado, 3 de xuño de 2017

I MAIO MIUDO

Percorrimos as rúas de Arteixo co noso Maio ata rematar no Concello.



Á volta posamos co Maio-Escornabot da escola.

mércores, 31 de maio de 2017

A formiga esquiadora

Para rematar o Mes das Letras Galegas, os nenos e nenas da Aula Azul, nos agasallaron cun encontxo


no que contaron unha das historias do libro "A Galiña Azul"


mércores, 24 de maio de 2017

VIDEOTECA DOS NOSOS OFICIOS

Inauguramos a Videoteca dos Nosos Oficios coa visita de Ramón, o tío de Ainara, que nos deixou claro que os homes tamén saben palillar.


Falounos de todo o que se precisa para facer esas cousas marabillosas que trouxo prendidas na súa almofada.
Despois púxonos mans á obra:








MOITAS GRAZAS POR DARNOS A COÑECER ESTE PRECIOSO OFICIO!!!

O CAN RIN....

Aida, María e os nenos e nenas da Aula Rosa prepararon este Teatriño de Refugallo 


co que representaron una adaptación do conto de Casares "O can Rin e o lobo Crispín"


mércores, 17 de maio de 2017

Guía de Lectura das Letras Galegas 2017: Galaxia Casares




O fondo da Guía de Lectura foi realizado polo alumnado de 3 anos na Mesa de Luz:


As laranxas máis laranxas....

   



Así o fixemos, xuntando, na mesa de Luz, as letras de Carlos Casares cos debuxos de Luís Seoane:



xoves, 11 de maio de 2017

A galiña azul





Así o fixemos: 













E así luce no patio, acompañando á Acción Poética 

domingo, 7 de maio de 2017

ENCONTXO NA GALAXIA CASARES

Arrincamos o Mes das Letras Galegas
 

Viaxando á Galaxia Casares da man do alumnado do IES Carlos Casares de Vigo e os seu álbum As estrelas máis estrelas de todas as estrelas.

Estas estrelas non son outras que as obras de Carlos Casares.


Ao tempo que lemos, imos colocando na constelación que se nos indicaca as portadas dos libros dos que se vai falando. Usamos un planisferio celeste:



Colocamos o planisferio na entrada  da escola xunto á selección de lecturas:


Durante este mes seguiremos a viaxar por esta Galaxia: 
A Galaxia Casares

venres, 28 de abril de 2017

Contadas na voz de Ana Hermida

Para rematar o Mes do Libro visitamos a Biblioteca Municipal "Miguel Sande" de Pastoriza, onde descubrimos a Carlos Casares e a súa obra da man de Ana Hermida

domingo, 2 de abril de 2017

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2017

Encontramonos  na BiblioBN con MARUJA MALLO, homenaxeada no Dia das Artes Galegas 2017






Analizamos a serie de debuxos:


E creamos coas imaxes na Mesa de Luz: