BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

martes, 25 de novembro de 2025

25N: NON CALES

 Lectura do cartaz de Bea Lema en familia e elaboración dunha pancarta onde, xogando coa pintura invisible, quixemos resaltar a importacia de pedir axuda e non quedar en silencio. 

#NONCALES





Conmemoramos o 25 N sacando a mensaxe oculta na entrada da escola coa participación das familias, e na BiblioBn unha lectura de POESÍA EXOPRESS.





domingo, 23 de novembro de 2025

DÍA DA MÚSICA 2025

 O MAGNETÓFONO DO AVÓ MANUEL


Unha viaxe ao pasado na nosa máquina do tempo para conmemorar o día da música.

Descubrimos e escoitamos música gravada en vinilos, casetes ou CD, e como non no MAGNEFÓFONO do avó de Estefanía.

Ademaís bailamos ao son da armónica, das cunchas e cantamos a nosa canción  A MÁQUINA DO TEMPO.








luns, 17 de novembro de 2025

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

Durante este mes de novembro os trompos están sendo os protagonistas no patio de Barrionovo.



venres, 14 de novembro de 2025

MAGOSTO 2025

Hoxe celebramos o Magosto na escola, onde non faltaron as nosas familias, os xogos de tradición, a degustación de castañas e unha boa foliada.
Moitas grazas a ANPA pola axuda e colaboración, a Paula, mestra en prácticas polo achegamento a cultura galega, e a todas as familias pola participación no día de hoxe.
 



mércores, 12 de novembro de 2025

EXPER-CIENCIA NAS AULAS

Tralo encontro na biblioBN para inagurar o mes da ciencia, os tres experimentos empezaron a viaxar polas aulas.


Os nenos e nenas da aula rosa, puideron achegarse un pouco máis as nubes e intentaron simular unhas. Primeiro, cubrimos os botes de auga ata a marca. 
Despois, enchemos de espuma.
E por último, botamos colorante. 
Aquí deixamos o rexistro do proceso.


Na aula laranxa experimentaron co principio de densidade e comprobaron como o ovo afunde na auga doce e flota na auga salgada porque a densidade desta é maior.


venres, 7 de novembro de 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO 2025

Con motivo da celebración do mes de novembro como o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares desfrutamos dun EncontXo a partir do libro "Ada nagnífica científica" de Beascoa. A través deste conto rimado coñecemos unha nena con grandes inquedanzas científicas.

A continuación descubrimos tres experimentos recollidos no libro "Experciencia" de Cumio editorial que irán rotando polas aulas durante todo o mes.