BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

martes, 26 de setembro de 2023

A HORTA DE RAMÓN E MARI

Onte os tíos de Ainara e Leire (ex alumnas da nosa escola) invitáronnos a ver como recollían millo e cabazas na súa horta.
Con eles aprendemos novas cousas da horta e puidemos levar millo e cabazas para decorar polo Samaín. 
Grazas familia!

Na aula seguiremos a investigar sobre estes produtos da horta. A nosa contorna máis próxima está a ser a base do noso PDI.
Por último, recordamos e cantamos "Pan de Millo" de Migallas, un dos nosos grupos musicais preferidos.

martes, 12 de setembro de 2023

#PERIGO!NATUREZA!

Iniciamos o curso cun novo proxecto relacionado coa natureza da nosa contorna máis próxima e para comezar fixemos un Encontxo cuns bechiños moi especiais: con raias, lunares, con rodas...


Os mestres Lara e Juan puxeron voz e música a este conto de Kalandraka titulado "Quen é ese becho?"