Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos na nosa escola para celebrar o nadal.
-Postais solidarias con estampación 3D
-Árbore de refugallo
Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos na nosa escola para celebrar o nadal.
-Postais solidarias con estampación 3D
-Árbore de refugallo
Aquí vos deixamos as actividades que levamos a cabo no centro en relación co 25N. Escollemos a fermosa canción de Guadi Galego "Chea de vida" para escenificala tanto con lingua de signos como "tendendo fíos" entre todas nós.
Empezamos novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Dentro de pouco ensinarémosvos o que temos preparado en Barrionovo para celebralo.
Polo momento, deixámosvos a información das actividades promovidas pola Xunta. Clicando nas imaxes podedes acceder a ela.
Aquí vos deixamos algunhas das actividades que realizamos na escola para celebrar o samaín.
-Pintura de cabazas ao estilo Yayoi Kusama
-Visita ás aulas da bruxa Maruxa para dramatizar a poesía express desta semana.
-Seleción de contos de samaín no expositor da entrada e elaboración de guía de lectura con recomendacións.
-Elaboración nas aulas de carautas de alien.
-Festa de disfraces.
Este martes fixemos un videoencontro con José Luis, hospitalero nun albergue en Sarria, o cal nos aportou moitas anécdotas do camiño e información moi interesante sobre as distintas etapas do camiño francés.
E por fin chegou o día no que vos podemos ensinar o resultado final de tantas horas de gravación. Aquí vos deixamos o noso Especial Informativo adicado á figura de Xela Arias Castaño con toda a información que as nosas nenas e nenos foron recompilando nas aulas ao longo de todo este mes.
Agardamos que vos guste.
Outra das actividades levadas a cabo neste atelier consiste na elaboración duns marcapáxinas personalizados coa silueta de cada neno/a. Para realizalos os nenos e nenas teñen que sacarse fotos de corpo completo e despois editalas para quitarlles o fondo empregando a App "Magic Eraser".
Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos realizados durante a semana das Letras Galegas co retrato de Xela Arias nas aulas. Grafomotricidade creativa, acuarela... En Barrionovo somos uns artistas!
Aquí vos deixamos o resultado do stop motion realizado en cada aula para representar aos nosos propios monstros do váter empregando a témpera e as escobillas.
Hoxe recibimos a visita de Mico Rabuñal, escultor coruñés que emprega a técnica do pop art. Clicando na seguinte imaxe podedes ampliar a información.
Coas letras creadas polos nosos nenos e nenas no atelier PI-XELA-ME, ás que posteriormente lles sacaron fotos coa cámara polaroid para crear este stop motion, desexámosvos que pasedes un feliz Día das Letras Galegas.
Nesta ocasión, son os nenos e nenas da aula rosa os que nos presentan as súas orixinais ilustracións acerca deste relato incluido en "Non te amola!".
Iniciamos a semana cun novo atelier no espazo fedelleiro do que imos gozar durante todo este mes de maio. Este obradoiro vai a estar adicado a Xela Arias, escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas, e nel os nenos e nenas achegaranse á súa figura mediante diferentes técnicas audiovisuais.
Edición fotográfica: para elaborar uns marcapáxinas coas nosas propias siluetas deberemos facer primeiro unhas fotos individuais co Ipad as cales editaremos posteriormente de xeito dixital.
Continuamos cos relatos escritos por Xela Arias cando era nova recompilados no libro "Non te amola!". Nesta ocasión, escoitamos "Hai un monstro no váter" e posteriormente os cativ@s fixeron as súas ilustracións.
Xa estamos no mes das Letras Galegas e unha das actividades que estamos llevando a cabo na escola en relación coa figura de Xela Arias é a lectura dos seus relatos recollidos no fermoso libro titulado “Non te amola!”. Cada día na hora do conto imos ler unha destas pequenas historias e, ao finalizar, cada nen@ realizará no seu caderno unha ilustración que reflicta o narrado, emulando así a Luz Beloso (ilustradora do conto). Unha vez feitas todas as ilustracións pasaremos a amosarlles a do propio conto e comprobaremos se se parece en algo ás nosas.
Hoxe os nenos e nenas da aula laranxa comezaron co relato titulado "Pensei que escribir un libro podía ser unha causa ben inútil".
Aquí tedes as súas ilustracións.