BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 28 de outubro de 2020

SEGUIMOS CO SAMAÍN!

O luns chamounos dende a biblioBN unha bruxiña que nos contou "A lenda do peregrino". Todos e todas quedamos de pedra, non sabíamos que pasaba iso na praza da Quintana de Santiago de Compostela.


Logo tamén nos convidou a pasarnos pola biblio durante esta semana, pois alí espéranos un cemiterio de contos de terror.

Podedes ver como foi todo no seguinte vídeo:


Seguiremos informando!

luns, 26 de outubro de 2020

COMEZA A SEMANA DO SAMAÍN!

Como xa todos sabedes esta semana celébrase o Samaín (festa moi antiga en Galicia) e como non no noso cole tamén. Por iso dende o EDLG de Barrionovo propoñémovos unha canción de Paco Nogueiras do seu CD "Brinca Vai" para ir entrando en ambiente terrorífico.

Os nenos e nenas da aula laranxa xa a escoitaron hoxe na sesión de música e encantoulles, esperamos que a vós tamén.


O longo destes días irémovos contando o que vai pasando.. que medo!!

 

OUTRO RETO DO NOSO PROXECTO

Volveron a chamar as peregrinas, desta vez resolvemos o primeiro reto, o camiño comeza na Coruña e chámase camiño inglés. Como premio regaláronnos unha credencial a cada un/ha co primeiro cuño "A torre de Hércules".

Logo lanzaron o segundo: Que precisamos para facer o camiño? Elas sempre nos axudan un pouco e por iso volveron a deixar algunha pista nos bauis das aulas.

Podedes ver no seguinte video como aconteceu todo:


Antes de marchar imos contar un pequeno segredo, polo cole sempre hai algunha pista. Este día cando os nenos e nenas entraron había unha mochila con moitos utensilios que necesitan e levan os pregríns para facer o camiño. Sempre se hai que fixar para as pistas dos retos atopar.



Quedamos a espera do terceiro, un saúdo!

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Tardamos un pouquechiño pero aquí andamos de novo para ensinarvos todas as cousas divertidas e interesantes que estamos aprendendo este ano no cole.

Comezamos por presentarvos o novo proxecto chamado #camiñanteSIhaicamiño. Adiante!!

1º Reto: Onde comeza o camiño?

O 5 de outubro, dúas peregrinas moi animadas chamaron de xeito virtual dende a biblioBN ás aulas, cantáronnos unha canción creada por elas mesmas nas que combinaban o galego e o inglés, fixérono xenial! A canción tamén contiña algunha que outra pista que nos está axudando moito.

Na chamada, ademais lanzaron o primeiro reto: onde comeza o camiño?
Outras dúas pistas nos estaban agardando no baúl de cada aula.

No seguinte video podedes ver como foi:



Tamén deixamos a canción por si a queredes escoitar e aprender:


Seguimos actualizándonos, un saudiño!!