Este é o resultado final do vídeo de Nadal ca canción "viaxa en Barrionovo", ca colaboración das familias, os nenos e nenas, e as mestras da EEI Barrionovo.
Para elaboralo puxemos un pouco de cariño, TICS e creatividade musical. Todo iso relacionándoo co proxecto #mesturArte.
Hoxe a profe Desi e os nenos e nenas de 5 anos presentáronnos un conto rimado chamado "unha fantasma con asma", a cal a foron representando co teatro de sombras.
Podedes ver máis premendo na seguinte imaxe.
Hoxe contamos na BiblioBN coa presenza de Mª Faltri e Jorge Juncal co espectáculo "Soñando inventei", un espectáculo Trans-Formador por e para a igualdade.
Audiovisual realizado coa técnica do croma para conmemorar o 25N....porque independientemente do idioma, NON sempre é NON! Podedes ver o vídeo premendo na seguinte imaxe:
A choiva non puido coas ganas de festexar o Magosto en Barrionovo: xuntanza coas familias, talleres de elaboración dun tres en raia e dun colar de castañas, música e castañas quentiñas! Que bonita xornada pasamos:
A profe Lara tivo a brillante idea de compoñer entre toda a escola unha canción en galego para o noso proxecto común #Mesturarte, chamada "Viaxa en Barrionovo".
Se queredes saber máis podedes ver premer na seguinte imaxe para ver a entrada completa no blogue da biblioBN:
Onte celebramos o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.
Presentamos o libro Os Dereitos da Infancia de Editorial Xerais, e coñecemos a Greta Thunberg, unha nena coma nós que ven de denunciar á ONU por vulnerar os nosos dereitos ao non tomar medidas suficientes ante a emerxencia climática mundial.
Ademais de revisar cales son os nosos dereitos como nenos e nenas, vimos a Greta falando na ONU e propuxemos medidas ao noso alcance para contribuir ao coidado do noso planeta.
Despois tivemos a presentación do noso novo Atelier Creativo: xogamos coa ciencia.
No Espazo Fedelleiro temos varios experimentos cos que coñeceremos mellor o método científico e os seus pasos durante este mes de novembro.
Rematamos o EncontXo coa realización du experimento chamado "Canto viven os plásticos?" co que pretendemos averiguar que é o que pasa cando un residuo plástico queda na terra. Para iso metimos nun recipiente con terra varios residuos plásticos e orgánicos recollidos nas merendas e formulamos hipóteses de que podería ocorrer.
Agora nos queda rexistrar mediante fotografías o resultado.
A profe Desi sorprendeunos coas arrepiantes rimas de "Monstruos patas arriba" da Ed. Vicens Vives.
Despois demostramos a nosa valentía xogando co medo e metendo a man en caixas con miolos, ollos, tripas... Para rematar abrimos as caixas e descobremos o que en realidade contiñan (espaguetes, xelatina con olivas, luva con cenoria e iogur).
Todo preparado con plantillas relacionadas co noso proxecto #mesturarte, 1 escornabot, cámara de fotos, 1 conto, 1 DVD, e a libreta onde recolleremos toda a experiencia.
Hoxe celebramos o día das bibliotecas cun EncontXo sobre alimentación saudable e horta.
E despois...que millor día que este para facer entrega dos carnés aos novos usuarios deste curso, as nenas e nenos de 3 anos. E coma non podía ser doutro xeito foron os maiores os encargados de facer a entrega.