Hoxe en Barrionovo tivo lugar unha visita moi especial. Dentro do noso proxecto #somosdemonte, contamos coa presenza de Armando que nos veu falar da importancia do coidado dos nosos montes para evitar os perigos dos incendios. Con el aprendemos os accesorios que precisan os bombeiros forestais para protexerse cando están facendo o seu traballo, así como a importancia de levar a cabo tarefas de reforestación para recuperar os montes queimados.
Para finalizar o encontro, Armando escolleu o conto "A pequena árbore" de Ánxeles Ferrer publicado pola editorial Xerais.
E como colofón a esta actividade, cada neno e nena puido levar para casa unha das arboriñas (loureiros, pradairos e carballos) que nos trouxo o noso convidado especial para poder levar a cabo accións de reforestación coas súas familias.
Pasamos un rato moi divertido e aprendemos un montón de cousas. Moitísimas grazas por todo!