BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

mércores, 30 de xaneiro de 2019

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2019

Este mércores 30 de xaneiro, conmemoramos o nacemento dun persoeiro ilustre moi querido e coñecido en Barrionovo, Castelao. Para iso, aproveitamos unha das súas fermosas ilustracións, neste caso a titulada "Que pequenos son os homes" a cal está moi relacionada co noso proxecto anual #somosdemonte.
Mediante un croma quixemos representar a grandeza dos montes en comparación cos humanos.



Ademais, nas aulas, realizamos as nosas intervencións artísticas nesta fermosa lámina empregando papel de esbozo e rotuladores fluorescentes.




sábado, 19 de xaneiro de 2019

COMPARTINDO INFORMACIÓN DOS MONTES GALEGOS

Esta semana, na biblioBN, tivo lugar un encontro no que os nenos e nenas das tres aulas puxeron en común todo o aprendido en relación cos montes de Galicia traballados no primeiro trimestre: monte Xalo, monte Neme, serra do Xurés e serra dos Ancares. Ademais, en cada aula fixéronse investigacións exahustivas sobre algúns animais que habitan nestes montes: porco teixo, esquío, raposo, furón, peto, merlo, pega, xabarín e porco espiño, e o resultado das mesmas foi compartido neste encontro tan interesante.
Premendo na seguinte imaxe atoparedes todas as imaxes desta actividade.