BARRIONOVO CANTA EN GALEGO

xoves, 22 de decembro de 2016

BO NADAL...EN GALEGO!!

Dende o EDLG da EEI BARRIONOVO, queremos desexarvos un BO NADAL e UN FELIZ 2017....EN GALEGO

 

Para pasar estes fríos días, aquí vos deixamos unha chea de recursos cos que non vos aburriredes, a programación da Rede de Dinamización Linguística, cartas aos Reis Magos,... e unha paxina web onde atoparedes unha chea de agasallos...en GALEGO





 

domingo, 13 de novembro de 2016

Guía de Lectura: Queremos Ciencia en Galego

No Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, a BIBLIOBN edita unha guía íntegra en castelán xa que non atopamos fondos axeitados á nosa idade  en galego.
 
 

CONCURSO FOTOGRAFICO: OFICIOS ARTESANAIS

A biblioBN e o EDLG veñen de convocar un Concurso Fotográfico co gallo da Romaría de San Miguel de Pastoriza. O Concello e a Asociación Cultural O Grilo sumaron esforzos para recuperar a histórica Feira de Madeira. Desde a escola convidamos ás familias a visitala e fotografar todos os oficios tradicionais que nela se mostraban: cesteiras, carpinteiros, zoqueiros, oleiras,afiadores, tecelás e fiandeiras...

 

Esta é a foto gañadora:


E estas as participantes:
 


 



Tod@s @s participantes recibirán un agasallo.


martes, 25 de outubro de 2016

CONCURSO FOTOGRÁFICO OFICIOS ARTESANAIS

ESTE CURSO, ESTAMOS A TRABALLAR OS OFICIOS TRADICIONAIS. Co gallo da Romeria de San Miguel de Pastoriza, o EDLG e a BIBLIOBN convocan un concurso de FotografIa






domingo, 2 de outubro de 2016

LETRAS GALEGAS 2017

A RAG elexiu a Carlos Casares como protagonista do
 Día das Letras galegas 2017


Este autor sumarase á lista de escritores que foron homenaxeados dende 1963, que podedes atopar neste mapa interactivo elaborado con Thinglink, no blogue TRAFEGANDO RONSEIS

CALENDARIO 2016-2017

BENVIDOS A UN NOVO CURSO! PARA QUE COMECEDES A ORGANIZARVOS, DEIXAMOSVOS O ALMANAQUE DOS OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS QUE TRABALLAREMOS ESTE CURSO



ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

domingo, 5 de xuño de 2016

MEDALLISTAS OLIMPICOS GALEGOS

Hai uns dias, Maria amosounos na BiblioBN unha presentación dos deportistas galegos que conseguiran algunha medalla nos Xogos Olimpicos, e encargounos a tarefa de investigalos. Cada unha das aulas fixo o seu traballo de 4 deles, e aqui tedes o resultado.



ASI FIXEMOS O TRABALLO NAS AULAS:
AULA ROSA
AULA AZUL
AULA LARANXA

martes, 31 de maio de 2016

ABECEDARIO DE MANUEL MARIA

PARA REMATAR O MES DAS LETRAS, DEIXAMOSVOS  A PRIMEIRA VERSION DUN XOGO FEITO CON SCRATCH. TRATASE DE COÑECER O ALFABETO GALEGO EMPREGANDO TITULOS DE POEMAS DE MANUEL MARIA, CON  DEBUXOS E  VOCES DOS NENOS E NENAS DA AULA DE 5 ANOS.
PREMEDE NA BANDEIRA VERDE PARA COMEZAR


domingo, 29 de maio de 2016

NÓS TAMEN CREAMOS

PODEDES ACCEDER Á PAXINA DA TVG PARA VER A CURTA QUE ELABORAMOS PARA O CERTAME "NÓS TAMÉN CREAMOS 2016". 
ESCOLLEMOS O CONTO DE OQO, 
"A VISITA DOS DOMINGOS"
PINCHADE AQUI


MENTRES ESPERAMOS A RESOLUCIÓN DO CONCURSO,  DEIXAMOSVOS O MAKING OFF.


luns, 23 de maio de 2016

COÑECENDO CAMPIÓNS GALEGOS: NOMI NAUMAN

RECIBIMOS A VISITA DE CAMPIÓN GALEGO DE BOXEO DO NOSO CONCELLO,  NOMI NAUMAN
(PINCHADE NA IMAXE PARA VER COMO FOI)

MEDALLITAS OLIMPICOS GALEGOS

Neste mes de Maio, tan especial para a nosa língua, María fainos unha presentación dos medallistas olímpicos galegos

OS NOSOS XOGOS: LANZAMENTO DE BOINA

NESTE MES DE MAIO O XOGO TRADICIONAL DO CALENDARIO, É UNHA DISCIPLINA MOI PARTICULAR DE PASTORIZA: O LANZAMENTO DE BOINA. O CAMPEONATO CELEBRASE NO "BOINODROMO" DO REXEDOIRO 

DANI, O PAPÁ DE KEVIN E IKER DEMOSTROUNOS COMO SE PRACTICA ESTE XOGO






MOITAS GRAZAS!!!

domingo, 22 de maio de 2016

FESTEXANDO AS NOSAS LETRAS

XUNTANZA NA BIBLIOBN PARA UN ENCONTXO POETICO, NO QUE O ALUMNADO DE 6º E. INFANTIL NOS AGASALLOU CO POEMA "CANDO O AUTOR FALA DE SI" QUE PECHA UNHA DAS EDICIÓNS DO POEMARIO "OS SOÑOS NA GAIOLA"




 



NEL, TAMÉN DISFRUTAMOS DO AUDIOVISUAL "GALICIA"

ADEMAIS, CADA UNHA DAS AULAS TRABALLOU ARREDOR DA FIGURA DO ESCRITOR CHAIREGO

FOTO-RECLAMO EN FAMILIA EN DEFENSA DA FALA


 Reivindicamos a nosa língua ,en familia, co poema  "A Fala"  de Manuel María:

mércores, 18 de maio de 2016

Á SOMBRA DUNHA OLIVEIRA: GALICIA SOMOS NOS

ESTA É UNHA DAS HOMENAXES QUE OS NENOS E NENAS DA EEI BARRIONOVO FAN A MANUEL MARIA CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS


xoves, 5 de maio de 2016

INAUGURAMOS A FONOTECA DOS NOSOS XOGOS

INAUGURACIÓN, CON SORPRESA, DA FONOTECA DOS NOSOS XOGOS. 

OS NENOS E NENAS DA AULA LARANXA, AMOSÁRONNOS O XOGO DA RODA-RODA, ACOMPAÑADOS DUN POEMA DE MANUEL MARIA, MUSICADO NO LIBRO-DISCO "CANTA O CUCO"


A RODA-RODA from AULA LARANXA on Vimeo.

AQUI VOS DEIXAMOS TAMÉN O ARQUIVO DE SON:


PARA FINALIZAR, CELIA LEU O POEMA "XOGOS", DO LIBRO "OS SOÑOS NA GAIOLA" DE MANUEL MARIA

luns, 2 de maio de 2016

INAUGURAMOS O MES DAS LETRAS

A BIBLIOBN INAUGURA O MES DAS LETRAS GALEGAS CON UN ENCONTXO NO QUE ESCOITAMOS UN POEMA DE  MANUEL MARIA MUSICADO POR GELRIA

sábado, 9 de abril de 2016

XOGANDO COS NOSOS XOGOS

SEGUIMOS COÑECENDO E APRENDENDO A XOGAR ÓS XOGOS TRADICIONAIS PROTAGONISTAS DO NOSO CALENDARIO. ÁS VECES CON ELEMENTOS ORIXINAIS COMO AS CHAPAS , AS CANICAS, OS SACOS  E O ARO,  E OUTRAS ELABORADOS CON ELEMENTOS DE REFUGALLO, COMO OS TROMPOS ( CON ROTULADORES E CDS VELLOS) E O ELEXIDO PARA ESTE MES DE ABRIL, O XOGO DA RÁ, NO QUE EMPREGAMOS BOTELLAS, GARRAFAS E CAIXAS E TAPONS PARA LANZAR

 

PODEDES VER TODOS OS NOSOS XOGOS PINCHANDO AQUI

xoves, 25 de febreiro de 2016

Día de Rosalía


E así traballamos nas aulas:
Homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu aniversario con un Encontxo poético, no que os nenos e nenas de 6º de E. Infantil recitaron os versos escollidos pola AELG para difundir entre as familias



Este é o noso agasallo para o día de hoxe: flor e poesía para Rosalía.



E asi o traballamos nas aulas:



Aula de 3
Aula de 4
Aula de 5 
Taller "Debuxando con Poesía" Aula de 5

martes, 23 de febreiro de 2016

#MOBILIZA ROSALÍA: O VIDEO



CON ESTE VIDEO, ELABORADO COA TECNICA DO STOPMOTION, QUEREMOS HOMENAXEAR A ROSALIA DE CASTRO, NO ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO
PINCHA AQUI PARA VER COMO O FIXEMOS

domingo, 21 de febreiro de 2016

#MOBILIZA ROSALÍA

SUMAMONOS Á INICIATIVA DA AELG PARA CONMEMORAR O DIA DE ROSALIA

DESPOIS DE RETRATAR A ROSALIA NA POSTAL NO TALLER DE ARTE


PEGAMOS A COMPOSICIÓN QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE 6º NA MESA DE LUZ, CON PEZAS DO SCRABBLE


SELAMOS AS POSTAIS


E LEVÁMOLAS Á CAIXA DE CORREOS









venres, 15 de xaneiro de 2016

DICIONARIOS NO BLOGUE

Engadimos dous novos recursos ao blogue, os accesos a dous dicionarios gratuitos da nosa lingua: o novo DIGALEGO.COM que conten máis de 65000 entradas e o Dicionario da Real Academia Galega.
Podedes acceder a eles pinchando nas imaxes que tedes na  pestaña lateral deste blogue.

http://academia.gal/dicionario#inicio.do

Esperamos que vos sexan útiles